O coitelo de pedra fundida, un relato prehistórico

coiteloRomán Arén. Francisco A. Vidal é autor dunha ampla obra narrativa varias veces premiada e que agora nos ofrece unha novela curta ambientada na prehistoria galega, nin de todo relato «histórico» nin costumista. Unha viaxe en tempos remotos, real e metafórica, na procura da verdade, que xa se intúe dende os paratextos (citas de Unamuno e Mahgug), o que nos leva dalgún xeito a unha novela de tese, que trata de relixión, de fe… Unha novela anticlerical? En certa medida si, porque a conclusión que se tira é que son os mediadores coa divindade os culpables dos males do protagonista, da súa aldea e, por extensión, da humanidade; aqueles que manipulan os medos, as arelas e a vida dos que din protexer, os que queren dominalos e non axudalos.

Otiza perde o seu fillo, asasinado cando tentaba librar a súa aldea do ser, descoñecido (humano?, fera?) que os roubaba e, desacougado e doente, quere viaxar ao monte no que reside o deus para que lle dea resposta á súa anguria. E nesa viaxe sente que o perseguen, unha sombra, o medo que o non deixa rubir á montaña con paz. E é nese medo onde se fai preguntas no que reside, para min o máis logrado da novela.

Ambientada no abrente da Idade de Ferro, a relixión como poder, a rebelión como coñecemento. A necesidade de saber fronte ao terror.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *