A luz que non podes ver, de Antonhy Doerr

la luzInés Otero. Marie-Laure, unha nena cega, filla dun cerralleiro do Museo de Historia Natural de París, atópase na cidade de Saint-Malo, onde convive co seu tío Etienne e Madame Manec, a súa particular ama de chaves, cando se produce en agosto de 1944 o desembarco aliado en Normandía. Nesta mesma época, Werner Pfenning, un neno que vive coa súa irmá nun orfanato de Alemaña, sofre as consecuencias do adoutrinamento nazi, entra nas Xuventudes Hitlerianas e participa na Segunda Guerra Mundial. Pola súa habelencia para detectar as retransmisións da resistencia francesa, recalará nun peirao bretón, onde, tal como se di nalgunha crítica, “sairá a luz que os dous precisan para fuxir da escuridade” e se “descubrirá canto valor hai nos seus corazóns”.

Baixo este pano de fondo desenvólvese A luz que non podes ver (2015), que foi finalista do National Book Award e gañadora do Premio Pulitzer de Ficción. Anthony_Doerr_by_Isabelle_SelbyUnha novela considerada como unha das mellores do ano polo mesmo The New York Times e que se desenvolve nunha das épocas máis recorridas polos narradores, pero sen que nela aparezan os temas de sempre, coma o Holocausto ou os Campos de Concentración. Antonhy Doerr (Cleveland, 1973) emprega un estilo ateigado de recursos convencionais: poucas descricións, moitos diálogos, capítulos breves, personaxes esquemáticos e desenlace previsible. E como macguffin tres elementos: a maqueta dunha casa, unha valiosa xoia e unha radio convertida aquí no símbolo dos novos cambios que se operaban  nos medios de comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *