Román Arén. Anda estes días de actualidade Francisco Luís Bernárdez (Bos Aires, 1900-1879), poeta arxentino de pais galegos, amigo de Borges e de todo o grupo de <Martín Fierro> e cuñado de Cortázar. Vivía en Ourense entre 1920 e 1925, mais tamén en Portugal e Madrid, onde publicou tres libros de vangarda, aínda con rasaibos modernistas, Orto (1922), para o que fixo a cuberta o galego Manuel Méndez, Bazar (1922) e Kindergarden (1923), con cuberta de Cándido Fernández Mazas. Luís González Tosar vén de editar Francisco Luis Bernárdes. Poeta de fe, leal a Galicia (2015), onde reúne a súa obra en galego (poemas, artigos) e unha antoloxía da súa obra castelá, pero xa se tiña ocupado entre nós da súa figura Luís Martul Tobío. Tivo admiración por Rosalía, á que dedicou un fermoso soneto, “Oración a Rosalía”, que publicou en <El Compostelano> en 1923, tamén por Castelao, sobre o que escribiu en <Céltiga>, <Galicia> e <La Nación>, pero sobre todo pola causa da lingua galega, á que defendeu co artigo “El idioma prohibido”, con moitas repercusións en América e España, e coa conferencia “Discurso encol do idioma galego”, editada en Bos Aires en 1953. Colaborou con <Alfar>, <La Zarpa>, <El Pueblo Gallego>, <Grial> e no número conmemorativo de <Ronsel> en 1974. Tivo interese polo surrealismo, pero dende os anos 50 derivou cara ao catolicismo e unha poesía máis clasicista. Entre os seus libros importantes están Alcántara (1925) e o libro de crónicas Mundo de las Españas (1967) con páxinas sobre Castelao e Pimental. Autor tamén du bo poema a Valle-Inclán, eu selecciono “Gaitero” do libro Bazar (1922), que dialoga con “Gaita galaica” de Rubén Darío dende a vangarda:
Gaitero galaico/de palo prosaico/Rapsoda de toda/saudade. Rapsoda/de toda emoción.//Lírica fermata/del fuelle, escarlata/como un corazón.//Su axila tortura/la entraña polífona,/y una agreste antífona/nieva su ternura.//Nórdica visión:/Nieblas de algodón./Pinos de cartón./Cantar pastoril./Repique viril/de algún tamboril./Candor de retablo./Ingenuas ermitas./Atrios.Margaritas./Tibieza de establo./Húmeda cantata/de esquilas de plata.//Hermano Rubén:/el alma, de estopa/canallesca,/de la tropa guignolesca/del bazar/,¿no dice también, este sollozar/trémulo de amor,/de aquel “amargor/como el de la mar”?