De remate, de Héctor Cajaraville

de remateXerardo AgraFoxo. O protagonista desta obra –gañadora do Premio Xerais de Novela 2015– é un tal Bieito Sanmarful, un periodista que retrata a realidade galega a partires dunha escolma de artigos publicados no xornal Loaira, “acrecentados coas anotacións do propio escritor no seu diario persoal e outros textos da súa autoría”, pero recollidos no ano 2025 por Pablo Cardeiro –ex-director desa publicación– “coincidindo co décimo cabodano da súa morte e co cincuenta aniversario do seu nacemento”. Amais dun introito e un epílogo, o cerne desta obra son as 23 columnas –mesturadas con correos electrónicos, anotacións de blogs, poemas ou documentos– que publicou este escritor sobre diversos temas cotiáns, pero fuxindo dos tópicos máis convencionais e as lecturas máis prosaicas.

de remate2Talvez porque están tecidos pola mente dun home, que debe afrontar a súa morte dunha maneira inmediata, o xornalista tira da súa particular visión da realidade que o espreita para construír unha novela onde “o dobre sentido, a retranca galega e o sentido do humor”, converten este drama persoal nun ronsel de simpáticas reflexións e comentarios ateigados dunha sensibilidade que medra como resultado dos diferentes rexistros lingüísticos que o autor emprega con habelencia.

Con estes fundamentos, De remate, coa súa estrutura poliédrica, convértese nunha novela que engancha dende as primeira páxinas. E tamén nun novo xeito de contar. Excelente e divertida!

2 comentarios en “De remate, de Héctor Cajaraville

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *