Oona e Salinger, de Frédéric Beigbeder

Sin título-1.inddXerardo AgraFoxo. El, en efecto, é Jerome David Salinger, un mozo de vinte e un anos que escribe relatos nas revistas literarias antes de que publique no 1951 O gardián entre o centeo, que vende cada ano máis dun millón de exemplares. Ela, Oona,  filla do “nobel”  Eugene O´Neill, é unha das primeiras it girls da historia. Os dous viven en Nova York unha apaixonante e virxinal relación amorosa. Para contala, F. Beigbeder trasladouse no ano 2007 ata unha fraga de Cornish (Conneticut) onde vivía coma un misántropo o pai de Holden Caufield. Entón sabemos que aquela relación sentimental se rompeu abruptamente por culpa de Pearl Harbor. El participou no desembarco de Normandía (un grolo de vodka cun gramo de cocaína pura  transformábaos  en army robots), na batalla das Ardenas (perder un pé por culpa dunha mina era unha boa noticia), recibiu consellos de Truman Capote e Ernest Hemingway (acción e diálogo, coma no cine) e participou na liberación do Lager de Kaufering IV, preto de Dachau (todos pagaremos esta anomalía da nosa especie). Mentres tanto, ela, Oona, casou cun home que lle levaba trinta e seis anos: o “bolxevique” Chaplin, perseguido polo Comité de Actividades Antiamericanas e con quen tivo oito fillos.

oona2Curiosamente, tal como apunta Beigbeder, “fixeron falta moitas coincidencias e azares para fabricar xuntos a Geraldine Chaplin, nada en Santa Mónica o 31 de xullo de 1944, para que, ao cabo de vinte anos, puidera actuar en O doutor Zhivago e a súa filla Oona Castilla Chaplin, puidera un día morrer apuñalada co seu fillo no ventre en Xogo de tronos”. O libro tamén fala das relacións de O´Neill cos seus fillos : Eugene O’Neill Jr., un especialista en Letras Clásicas de Yale, alcohólico, que se matou en 1950 aos 40 anos, e Shane O’Neill, adicto á heroína, que tamén se suicidou.

Curiosa, divertida e algo  insolente. Imprescindible para todos os amantes da literatura… e algúns erotómanos compulsivos, coma min ou Carlos Mosteiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *