Meus fillos, de Eran Riklis

mis hijosXerardo AgraFoxo. Esta película pon o seu foco de atención no eterno conflito que se vive en Palestina. Un punto de vista a partir dunha realidade estatística evidente: os árabes representan o 20% da poboación de Israel. E unha idea do director: “A xente non se fía dos árabes, ódiaos, están en contra nosa; tamén hai falta de coñecemento, que leva aos prexuízos e á violencia; e o mesmo sucede ao revés, en cómo ese 20% ve os xudeus israelitas”.

O argumento de Meus fillos (2014) céntrase na historia de Eyad un mozo palestino tan brillante nos seus estudos que consegue unha bolsa para estudar nun prestixioso colexio xudeu de Xerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí polo que intenta por todos os medios encaixar cos seus compañeiros e coa nova sociedade. Pero, a pesar do seu esforzo e de soportar o constante acoso dos seus compañeiros, cando se descobre que ten unha relación con Naomi, unha moza xudía, verase obrigado a abandonar a escola. mis hijos2Entón Eyad comprende que deberá sacrificar a súa auténtica identidade para ser aceptado. Terá que tomar unha decisión que pode cambiar a súa vida para sempre.

Baixo esta sinxela trama, Eran Riklis ( 1954), autor das recoñecidas A noiva siria (2004), Os limoeiros  (2008) e A viaxe do director de Recursos Humanos (2010), desenvolve na súa terra unha historia cun estilo de traxicomedia: “Se miras a Israel, a realidade é deprimente. Onde a xente morre e sofre é doado pensar que non hai razóns para vivir, así que precisas do humor para saír dese vórtice”.

Outra emotiva, sorprendente e intelixente aposta de Eran Riklis.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *