Paleotraining

paleotrainingX. Ricardo Losada. Hai anos vin un documental sobre a evolución humana na que un pequeno grupo de homínidos cruzaba un caudaloso río que vían por vez primeira polo lugar de menos profundidade. Un alumno preguntoume como o sabían, pois o xefe do grupo limitárase a contemplar o río, e o resto a seguilo. Díxenlle que o xefe mirara aquel río de forma selectiva pero non cunha mirada relixiosa tipo animista (o río como un espírito vivo), nin cunha mirada filosófica tipo Heráclito (Ninguén pode bañarse dúas veces no mesmo río), nin cunha mirada pictórica tipo Seurat (Tarde de domingo na illa da Grande Jatte). Aqueles primeiros humanos tiñan unhas preocupacións menos sofisticadas. Miraban o río, cunha mirada de supervivencia, buscando pegadas de animais nas dúas ribeiras. Seguíndoas sabían que non afogarían.

      Hai algo fermoso nesa liña imperceptible que une os primeiros pasos da intelixencia dedutiva humana cos milenarios pasos da intelixencia instintiva animal. Acostumados a avergonzarnos deles (iso é a cultura), recordar esa íntima conexión é necesario sempre que, como diría Fernando Savater, non nos convertamos, como algúns animalistas, en animais disfrazados de humanos.famara lanzarote.jpg E non só iso. Deberiamos recordar que a nosa intelixencia hipertrofiada pola tecnoloxía do home contemporáneo procede daquela primeira intelixencia homínida, e segue intimamente ligada a ela. A intelixencia que tallaba pedras ou prendía os primeiros lumes é a mesma que hoxe envía naves a Marte ou investiga como chegar aos cen anos coa saúde dos cincuenta. Os homínidos son a parte máis importante desa árbore xenealóxica na que pateticamente os humanos só buscamos ilustres patrucios. Creamos cultura para darlle máis importancia ao xardineiro que ás raíces.

      Hai pouco abriu en Vigo un ximnasio, o Paleotraining, que combina a nova tecnoloxía deportiva coas actividades físicas que faciamos os homes no Paleolítico, aquelas para as que foi deseñado evolutivamente o corpo humano: sentar, saltar, tirarse ao chan e levantarse, xirar, lanzar, tirar, empurrar, elevar pesos, cargar, desprazarse, reptar, trepar, subir montañas, camiñar e estabilizar. Son habilidades gravadas nos nosos xenes, e que non temos que aprender. Nacemos aprendidos. Aínda que son moi escéptico sobre este tipo de modas, creo que nesta hai algo inherente á natureza máis abisal do ser humano. paleo3Recuperar nas nosas vidas cotiás esas habilidades, ademais dunha forma de respectar o máis importante que temos, o corpo (que llelo digan aos meus xeonllos, escarallados polo deporte), pode ser de gran axuda emocional. Nada me relaxa máis que xogar cun neno de catro anos a xogos físicos como trepar a unha árbore, tirar pedras a un río, reptar pola area húmida da praia ou envorcallarnos no barro. Por iso, sen que sirva de precedente, aprobarei esta nova moda. Xa que me gusta disfrazarme de neno, tamén me gustará practicar deporte disfrazado do homínido que fun e non do atleta olímpico que nunca serei. E xa postos, tamén me gustaría practicalo disfrazado de animal. O que ignoro é de que animal. Non atopo ningún cuxo nome encaixe con esa palabra inglesa (training) tan de moda.

 

 

 

 

 

7 comentarios en “Paleotraining

  1. Voltando ao teu blog, atópome coa grata sorpresa da túa resposta. Grazas por fixarche no meu comentario. E, máis ainda, por adicarlle tanto espazo.
    Estes días apenas teño tempo de asomarme ao ordenador. Ti, que es profesor, saberás moi ben o que son os fináis de curso. E si logras colocarte no lugar dunha avóa con once netos, xa nin che conto. Precisamente: fai un pouco que cheguei dun concerto fora de Madrid, pero non quería deixar o teu comentario sin resposta.
    Sobre a virtude teologal da esperanza: eu tamén son das que ven a botella medio chea. E ata unha pinga máis.
    Apertas galego- madrileñas.

    PD
    Gustaríame saber qué criterio utilizaron os lingüistas galegos para darlle este xiro a lingua que cría coñecer.
    Si he de ser sincera: me gustaba más antes. Tenía más dulzura. de acuerdo

  2. Acertas. Son un admirador da ciencia e do progreso. Pero, como lle dicía a Magdalena, tamén creo que somos inferiores a nós mesmos. A tecnoloxía e a ciencia permitiríannos solucionar moitos problemas básicos da humanidade, como a fame ou o cambio climático, e non o facemos porque ese progreso tecnocientífico, aínda que vai acompañado tamén dun certo progreso moral, este é moito máis lento, e non vai acompañado dun progreso emocional. As causas? Deixémolas para mellor ocasión. Non é este o lugar para profundar…
    Respecto ao futuro, sei por experiencia e lecturas que a maioría das profecías dos expertos nunca se cumpren. Así, obrígome a velo con esperanza, pois a esperanza, cando menos, dálle calor ao presente. E tamén polos meus alumnos. É máis fácil darlles clase crendo que ten sentido que estuden a ese Sócrates e a ese Gerardo Diego que ti tan ben citas.
    Grazas polas túas amables palabras, e polo esforzo de ler en galego. É o máis fermoso do teu comentario, e o máis necesario.
    Apertas rianxeiras

  3. Inducida por Magdalena – entusiasta admiradora tuya- me asomo por primera vez a este blog (no sé si se llama así, ya que en cuestiones de informática soy una página en blanco: lo mismito que la ópera de Pilar Jurado).
    Como aperitivo, acabo de leer el magnífico trabajo que titulas Paleotraining y, aunque entiendo perfectamente el gallego (salvo algunas “verbas” de nuevo cuño), acostumbrada a utilizar el castellano como lengua cotidiana, he tenido que retroceder en varias ocasiones para tomar conciencia de lo que quieres expresar.
    En tu perfecta e interesante disertación mencionas a Heráclito, a Seurat, a Savater… Pero olvidas a Gerardo Diego: también él, en su poema al río Duero, hace mención a la imposibilidad de bañarse en la misma agua; aunque la mirada de Gerardo no fuese una mirada animista o filosófica: tan solo una mirada poética.
    No soy contraria al progreso, pero sí al progreso sin control. A través de tu escrito entiendo que a ti te ocurre lo mismo. En cierta ocasión leí que Julio Verne dejó un libro sin terminar. Su visión del futuro –según ese libro- era terrorífica si el género humano no retrocedía poco menos que a la época de las cavernas. El autor del artículo se hacía esta pregunta: ¿Le sobrevino la muerte a Julio Verne sin darle tiempo de finalizar el libro o es que veía un futuro tan tremebundo que no se atrevió a continuarlo?
    Que “nacemos aprendidos” ya lo afirmaba Sócrates con su mayéutica.
    ¡Ah! Me encanta Fernando Savater. A veces me recuerda (no sé por qué) a Jack London, el autor de Colmillo Blanco.

    Carmen González

  4. Parafraseando a non recordo quen, diría que os seres humanos actuais somos superiores aos seres humanos dos demais séculos, pero inferiores a nós mesmos.
    Aínda que habería moito que puntualizar (superiores en que?, por exemplo), creo que é unha idea interesante.
    Por certo, en que percibes que estamos recuperando o perdido? Interésame moito esa afirmación.
    Saúdos rianxeiros

    1. En una ocasión, hace años, hablando de los moáis de la isla de Pascua, decían que no podían imaginarse cómo esas gigantescas figuras pudieran llegar allí e incluso eminentes ingenieros especulaban con diferentes maneras de cómo habría podido ser el traslado.
      Hoy en día no les sería nada complicado. Entonces yo creo que esa gente debía ser muy inteligente. ¿Acaso pudiera ser que ya dispusieran de cierta maquinaria qué nosotros ignoramos que existiera ? ¿ En qué percibo que estamos recuperando lo perdido? Si barajamos esa hipótesis, vemos que de nuevo existe la tecnología qué habíamos perdido. Besiños palmeiráns

  5. Hola buenos días José Ricardo, yo creo que esa inteligencia que envía naves a Marte es algo inferior a la de los hombres primitivos. Los primeros disponen de materiales y tecnología para poder conseguirlo, los segundos carecían de ella.
    Muchas veces pienso cuando veo las pirámides que en aquél entonces había más progresión que ahora y que fuimos degenerando y ahora nuevamente estamos recuperando lo perdido. Me ha gustado mucho tu ” paleotraining ” espero y deseo que tus rodillas se mejoren con paseos tranquilos, son buenos para los huesos y el espíritu , acompañados siempre de un buen libro. Besiños palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *