O fillo do outro, de Lorraine Levy

o filloXerardo AgraFoxo. Esta película trata un tema recorrente tanto non mundo do cine como no da literatura. Unha historia que semella a mesma que a narrada  na película de Hirokazu Koreeda, De tal pai tal fillo, cando dous cativos xaponeses descobren que ao nacer foron intercambiados nun hospital por culpa dunha enfermeira anoxada. Nesta película francesa a acción trasládase ata Israel e Cisxordania: os afectados son un xudeu e un palestino. Cando o primeiro, Joseph, se prepara para entrar no exército israelí, descobre que non é fillo biolóxico de seus pais porque ao nacer, no medio da guerra que asola o peirao de Haifa, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o naipelo dunha familia palestina que vive humilde-mente nos territorios ocupados. Entón,  o mundo esmorece ao redor destas dúas familias. E o rexeitamento, a dúbida, a perda da identidade, os prexuízos étnicos e relixiosos convértense nun muro que se ergue de socato entre as súas vidas, ata este intre, sinxelas e rutineiras.

fillo2Le fils de l´autre (2012), que levou o Premio do Festival de Toquio á Mellor Película e Mellor Director, neste caso unha directora, tendo como pano de fondo o conflito árabe-israelí, convértese na denuncia duns comportamentos que semellan encallados por culpa dunha situación histórica que se volveu arrevesada dende a traumática división de Palestina despois da Segunda Guerra Mundial. Sen recorrer a sorpresas innecesarias, nin abondar no drama que se vive detrás do noxento valado erguido polos xudeus, Lorraine Levy aborda o tema con sinxeleza e sensibilidade, cun ton firme e un desenlace literario moi axustado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *