Patria, de Fernando Aramburu

patriaXerardo AgraFoxo. Remato de ler as 650 páxinas desta espléndida novela o 20 de outubro deste 2016, é dicir, cinco anos despois do anuncio do cese definitivo de ETA. Atrás quedaron o 829 asasinatos desta organización terrorista, o 90 % cometidos durante o período democrático, sen que conseguise ningún dos seus obxectivos: nin o dereito de autodeterminación nin a unión de Navarra a Euskadi. Atrás quedaron tamén os crimes do GAL. Patria (2016) conta a historia de Euskadi durante os últimos corenta anos. Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959), autor tamén sobre o mesmo tema de Los peces de la amargura (2006) e Años lentos (2012),  retrata unha sociedade violenta e unha época tormentosa a partir de dúas familias vascas –a de Txato e a de Joxian, amigos íntimos–  que viven cos seus cinco fillos nunha vila situada preto de Donostia. Dúas familias que se enfrontan a partir da morte de Txato, vítima dun atentado por non pagar o “imposto revolucionario”, e a entrada na organización terrorista de Joxe Mari, un dos fillos de Joxian. Todos quedarán marcados por estes dous acontecementos: cadaquén segundo as súas conviccións. Así coñecemos a natureza dos crimes cometidos e a degradación das institucións do Estado. E todo a partir dunha narración  –125 capítulos moi breves e con continuos saltos temporais– onde as voces narrativas se mesturan cunha gran habelencia e o ritmo da novela, cun diálogos moi expresivos, desenvólvese con vertixe. Con estes recursos o autor consegue cativar o lector que asiste estremecido ao retrato dun mundo dominado polo fanatismo e a dificultade de esquecer.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Xerardo AgraFoxo. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Patria, de Fernando Aramburu

  1. Xerardo AgraFoxo di:

    A frase de Jean Paul Sartre, semella moi axeitada para comentar este libro tan comprometido. Sabendo que hai lectoras tan atentas, seguiremos publicando máis recensións neste gorentoso CaféBarbantia.

  2. Magdalena di:

    Boas noites Xerardo: Estoy leyendo tus emocionantes artículos ” O cuarto dos nenos ” ” O fillo do outro ” ” A mestra de párvulos ” Y ahora este último ” Patria “. Todos ellos muy emotivos dado el contenido de los mismos. Hace muchos años leí ” Memorias ” un libro escrito por Javier Rupérez, secuestrado por Eta, y aún lo tengo en la cabeza como si lo hubiese leído ayer. Javier tenía mucho miedo pero nunca se lo demostró a los violentos y así ante aquél enemigo tan poderoso supo sobreponerse y superar su inseguridad porque, valiente es aquel que no toma nota de su miedo y eso los salvajes no lo soportaban. Ya lo decía Sartre :- ” A los verdugos se les reconoce siempre. Tienen cara de miedo”. Mucho más miedo que el propio secuestrado porque la violencia es tener miedo de las ideas de los demás.
    Saúdos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>