X. Ricardo Losada. Cando morreu o filósofo francobúlgaro Tzvetan Todorov, recordei a mirada de boa persoa que tiña e, de seguido, unha frase súa que sempre me gustou moito: “Comprender o inimigo quere dicir descubrir tamén en que nos parecemos a el”. Todorov era un humanista intelixente. Ao contrario dos humanistas inxenuos ou perversos, que cren que ser humanista consiste en diferenciarse do inimigo, el recoñecíase naqueles que criticaba. Por iso se consideraba a si mesmo “un home desprazado”. Os verdadeiros humanistas non encaixan nos moldes políticos ou filosóficos habituais. E por iso sempre buscou puntos de encontro, lugares onde atoparse co outro, por moi diferente que fose. Naceu nun réxime político comunista totalitario, carente das mínimas liberdades individuais, e sabía recoñecer o totalitarismo. Hitler ou Stalin, de esquerdas ou de dereitas, o terrorismo dos falanxistas ou o terrorismo de ETA. Todorov nunca definiría pobo ou xente ou cidadanía, como a maioría dos políticos actuais, como aquel conxunto de persoas que votan o que eu creo que se debe votar. Dedicou moitos anos a estudar a alteridade, os outros, e sabía que, con esas simplificacións, o totalitarismo podía volver.
Hai un libro de Todorov que, ademais de polo contido, me gusta polo título: Memoria do mal, tentación do ben. Fariades mal en interpretalo como o interpretei eu a primeira vez que o oín. Debemos deixar o mal no pasado, e buscar o ben no futuro. Demasiado simple e utópico, e a intelixencia de Todorov era moi complexa. Lía libros, non para facer análises literarias ou confirmar os seus propios puntos de vista, senón para coñecer mellor o ser humano. E non hai mellor demostración de que o coñeceu que a súa reflexión sobre o concepto de vítima, hoxe tan acaído. En contra desa tendencia tan actual a considerar as vítimas como algo sagrado, Todorov intentou apartalas do debate político. Que a min me matasen o avó na Guerra Civil ou o pai nun atentando no País Vasco non me dá ningún dereito a opinar sobre eses temas máis alá dos dereitos que teño como cidadán. É máis: as vítimas tamén poden ser persoas crueis e desapiadadas. Algo obvio pero que hoxe é case unha herexía democrática. Niso consistiu gran parte do seu pensamento. Recuperar o entusiasta escepticismo de Montaigne. O escepticismo, para ser quen de atopar puntos de encontro co Outro. O entusiasmo, para ver na memoria do mal, a tentación do ben.
Hoxe expliqueilles aos alumnos que Marx admiraba o capitalismo ao mesmo tempo que o consideraba un sistema inhumano. A todos lles parece, en principio, unha contradición, e aos máis ideoloxizados mesmo lles parece unha estupidez (algún incluso se atreve a dicir unha falsidade). É triste, pero están habituados a que lles conten as cousas de forma maniquea. E o problema non é que os políticos o fagan (nese ámbito, tal e como está o panorama, non lles queda outra), senón que moitos intelectuais caen na mesma trampa. A idea ilustrada era intelectualizar (no bo sentido da palabra) a vida política. O resultado real, a politización (no mal sentido da palabra) da vida intelectual.
Todorov foi un exemplo de pensamento complexo, como ben indica esa frase sobre os inimigos que todo demócrata debera levar gravada na fronte.
En fin…
Apertas
Querido profesor: Ciertamente esa frase de Todorov ” Comprender al enemigo quiere decir también descubrir en que nos parecemos a el ” deberíamos compartirla todos, porque a esos humanistas ” ingenuos y perversos” desgraciadamente, el mucho saber no los ha hecho más inteligentes ni más educados. Muchas veces podemos ver a hombres de ” gran sabiduría ” que son arrogantes, vanidosos y necios y el verdadero sabio debe ser siempre humilde porque la sabiduría reside en otros valores como los que practicaba Tzuetan. ( Así lo entendía uno de mis filósofos favoritos) También me gustó saber que no encajaba en los moldes políticos habituales. A la gente debemos tratarla como ente, como persona individual, no por su tendencia ideológica.
Me encantaría conocer algo sobre este filósofo francobúlgaro para poder corroborar o rebatir tu artículo en memoria de este humanista con mirada de buena gente pero, desconozco completamente su paso por ” el valle “. Lo siento.
” Memoria do mal, tentación do ben “. Excelente título.
Busquemos el bien en el futuro.
Un besiño ahora en el presente para ti desde Palmeira querido profesor.