As palabras prestadas e as buscadas

noche-oscura-del-alma-san-juan-de-la-cruzFidel Vidal. As verbas son a materia para dicir, e transfórmanse na substancia dos síntomas ao formaren a trama que constitúe o relato da vida e o tormento dos seres humanos. No caso dun místico como frei Juan, segundo María Zambrano (San Juan de la Cruz, da noite escura á máis clara mística), a voz humana quedou atrás e atrás a persoa mesma. Que pasou en todo iso? A existencia de san Juan é un non existir. O seu ser, resultado do desexo, ao final, é lograr non-ser. A case segura pertenza do santo a unha familia de conversos, e da perda do seu pai, explica trazos importantes da súa personalidade, non só polo que supón de condicionamento interno, senón polas presións ás que foi dobregado por unha sociedade sensibilizada ante tal feito. “A entrada nunha Orde, á parte da súa indubidable vocación, constituía unha saída clásica de ‘sublimación’ para un mozo da súa liñaxe, incluso nos motivos que lle inducen a elixir o Carmelo -se é verdade que buscou a institución máis relaxada para a reformar-, poderíase rastrexar a ansia de autoafirmación dun marxinado que busca un escape ao cerco social ao que seica está sometido.” (Cristóbal Cuevas)

subidaJulia Kristeva, estudando a mística cristiá en Jeanne Guyon, aborda a dimensión de vacuidade, de negación, do “non-ser” propio da experiencia contemplativa, enlazando as visións do misticismo oriental co occidental. San Juan de la Cruz, ante a necesidade de comunicar unha experiencia mística, “inefable como tal, encamiñouna cara ao achado dunha lingua poética feita de símbolos, exclamacións, motivos bíblicos e tradicionais, e unha sensualidade virada cara ao divino.” (M. Zambrano)

Que pasaría se soubera os teus discursos palabra por palabra?/ E se ti souberas que os coñezo, falarías? (Ezra Pound)

Juan de la Cruz non comeza escribir até cumprir os trinta e seis anos. Estamos a falar dun autor maduro que escribe obras de madurez. O Cántico describe o amor conxugal, a Subida e a Noche representan as tebras e a Llama a luz, o lume. Nas páxinas da Noche e da Subida, hai un novo dramatismo, presentando a Deus como tremendus (o que aterroriza), e non como fascinans  (atractivo).

Vuélvete, paloma,/ que el ciervo vulnerado/ por el otero asoma/ al aire de tu vuelo, y fresco toma.  

“Causándome admiración –testifica M. Magdalena do Espírito Santo- a viveza das palabras, e a súa fermosura e sutileza pregunteille un día se lle daba Deus aquelas palabras que tanto comprendían e adornaban, e respondeume:  -Filla, unhas veces dábamas Deus e outras buscábaas eu.”

4 comentarios en “As palabras prestadas e as buscadas

  1. Aínda na consulta do dentista –cunha moa menos e un inxerto máis, para poder axeitar outra implante- chegoume un wassap de Magdalena coas últimas novas de Café Barbantia.
    Estes días ando bastante atafegada con multitude de tarefas que me rouban moito tempo. En canto poida desfacerme dalgunhas, adicareime máis aos vosos traballos. Pero penso que para iso hai que ter tempo abondo: o que vos escribides é demasiado profundo para as miñas cortas entendedeiras; e se, enriba, teño que botar man do diccionario (bastante obsoleto, por certo) para traducir certas verbas que, por tratarse de cultismos ou entrar recentemente na lingua galega descoñezo o seu significado, e mellor que non siga…
    Grazas polas vosas loas ao meu galego. Como non atopo quen mo corrixa, vai como vai.
    Neste momento cumpríronse as 24horas de prazo: vou comer algo un pouco consistente que me quite a fame acumulada.
    Unha forte apreta.

  2. 1- Seguro que Mariy Carmen ya habrá leído el elogio merecido que le dedicas, de todos modos se lo diré, tenemos una comunicación muy fluida . Yo de momento no me atrevo porque ya me considero una verbicida del castellano, imagínate con el gallego. Pero todo llegará, si Dios lo quiere.
    2- Te aseguro que gozo de esa regalía viendo lo bien que enjugáis el verbo de esa palabra.
    Yo disfruto de todo texto valioso aunque no lo rumie bien en la facultad para asimilar.
    3- Me alegro que continúes con el Santo, continuaré recreándome en la lectura.
    Salud y noches optimas.

  3. Querido y admirado Fidel:
    Me encanta san Juan de la Cruz, y me encanta todo lo que tu escribes. Hay unos versos del santo que dicen así :
    ” Mas, por ser de amor el lance,
    di un ciego y oscuro salto,
    Y fui tan alto, tan alto,
    que le di a la caza alcance”.

    Yo doy saltos ciegos y oscuros, y sólo sé volar en sueños. No son demasiado altos porque nunca te iré a la zaga ni tampoco pretendo darte alcance pero, sí, me gustaría en estos casos tener más asimilación o capacidad de percepción en tu razonamiento sobre san Juan.
    Lo dicho. Ojalá volase alto, alto, pero sin tropezar como suele ocurrirme.
    Besiños palmeiráns

    1. Cegos e a escuras andamos todos, miña atenta Magdalena. Mais iso non abonda para que deixemos de gozar da regalía das palabras. Frei Juan de la Cruz é un dos máis altos e grandes poetas da lírica española, como ti sabes de sobra. Un home poeta co que estaremos uns cantos artigos máis, se nos deixan, naturalmente.
      A propósito: dille a Carmen que escribe un galego magnífico. A ver cando te animas ti!
      Co meu agradecemento. Saúde e noites sosegadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>