Galicia e os galegos na poesía castelá LV. Alfonso Alegre Heitzmann

alfonso_alegreRomán Arén. Comparto con moitos cataláns o criterio de que a importancia da poesía castelá en Cataluña no século XX é cousa da posguerra. Creo que, se ben antes da guerra houbo interesantes poetas en castelán, as voces fundamentais en Cataluña foron Carles Riba, Josep Carner, J. V. Foix, Clementina Arderiu e Joan Salvat-Papasseit. Fronte a eles só se poden citar Eduardo Marquina (que tamén escribiu en catelán) e Ricardo León, un catalán de esguello. Tras a guerra predominou o castelán na vida pública, a prensa foi do réxime, os cataláns de Franco foron fundamentais na vida de Cataluña e aínda que seguiu habendo grandes poetas en catalán (Espriu, por exemplo) os que escribiron en castelán tiveron (e mereceron) moito predicamento, sobre todo a chamada Escola de Barcelona (Gil de Biedma, Carlos Barral, José A. Goitisolo, Alfonso Costafreda, etc), na que solo destacou en catalán Gabriel Ferrater. Dende esa, a poesía catalá en castelán (ou mellor a poesía castelá en Cataluña) deu nomes importantes ata hoxe. E un deses nomes é o de Alfonso Alegre Heitzmann (Barcelona, 1955), o director da revista <Rosa Cúbica>, tradutor do catalán ao castelán (Brossa, Foix, Màrius Torres) e autor dos poemarios La luz con el tiempo dentro (1993), Sombra y Materia (1995), La luz en la ventana (2001), La flore en lo oscuro (2003) e Agón (2008), quen acaba de publicar El camino del alba (Barcelona, Tusquets, 2017), un bo libro que amosa a estética do autor, entre a poesía do silencio e a reflexión metapoética sobre a palabra e a creación. Do silencio nace a palabra. Poesía plural e dialogante con outros poetas, coa paisaxe e coa pintura. Neste poeamario (en verso e prosa) hai algunha presenza galega: é o caso da segunda parte, “La flor en lo oscuro”, na que o segundo poema parte dunha cita de Rosalía:”Cuido una planta bella/que ama y busca la sombra”, e que estariamos tentados de entender coma unha homenaxe á nosa poeta:

alfonso alegre 2La flor se deshoja en lo oscuro,/su claridad inunda la noche,/ávido de esa luz se adentra el tiempo,/las palabras calladas./De la tierra a tu boca/nadie sabe la sombra/que sube con tu canto,/la luna que camina, blanca/geografía en los poros/de tu piel, y hunde oscuras/las líneas de tus manos…

En La luz en la ventana o poema está dedicado a José Ángel Valente e parte dos versos do ourensán (“…o por toda memoria,/ una ventana abierta”):

VENTANA

Una ventana abierta,/el mundo canta,/una ventana sola./Nadie contempla,/contempla nada.

-Dulce nada,/¿qué espero de ti?/Pájaros de la nada,/¿para quién cantáis?/Doble cristal,/el aire transparente/dora la luz,/la estancia,/la palabra./Una ventana abierta,/por toda memoria.

Esta compilación da poesía de Alfonso Alegre chama por nós para que dialoguemos co noso ser profundo máis alá de toda contixencia.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá LV. Alfonso Alegre Heitzmann

  1. Preciosa la poesía ” Ventana ” nunca la había escuchado ni siquiera leído. Los poetas pueden definirse como los seres que saben expresar mejor que nadie la palabra.
    Gracias Román. Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *