O motel do voyeur, de Gay Talese

motelXerardo AgraFoxo. A principios de 1980, este xornalista do The New York Times, recibiu una carta de Gerald Foos, un home que lle contou un suceso abraiante: abrira un motel en Denver e colocara nos tubos de ventilación unha plataforma para espreitar o comportamento sexual dos seus clientes. Talese quedou tan seducido que foi visitar o lugar e mesmo participou en varias sesións de observación. Malia que nun principio decidiu non escribir sobre o asunto, porque o pousadeiro lle confesou que nunha ocasión presenciara un asasinato, pasado o tempo e superadas as conviccións éticas, sae á luz esta obra que reflicte o sucedido.

A novela, que foi obxecto de duras críticas, aborda un tema onde se mestura con habelencia o comportamento de Gerald Foos co traballo de detective que levou a cabo Talese para conducir este argumento.talese Un relato no que sobresae, máis que a variedade de encontros sexuais, as “reflexións” que tira o hoteleiro despois de tanto “voyeurismo”: os hábitos dos negros e dos brancos son semellantes, as lesbianas tórnanse para facer o cunnilingus, cada vez hai máis coitos entre as diversas razas, os varóns homosexuais brancos intercambian sexo oral e anal, os mellores amantes son os máis agresivos e, entre outros apuntamentos, a meirande parte das persoas que van de vacacións son parellas amargadas.

Un tema curioso, con pouca literatura, pero contado cun ritmo xornalístico. Un comportamento que estremece, pero que atraerá a moitos lectores interesados por coñecer os comportamentos sociais e sexuais dun país. E, tamén, o lado escuro das nosas vidas.

Un comentario en “O motel do voyeur, de Gay Talese

  1. Buenos días Xerardo:
    Tras leer tu interesante artículo voy a robarle diez minutos a mis quehaceres cotidianos. Como el polvo sabe instalarse muy cómodamente en los muebles y no está de pie, puede esperar un ratito hasta que el paño lene y blando – como Platero – lo acaricie antes de expulsarlo de la superficie que ha invadido.
    Bueno… por donde empiezo. Sí, empezaré por Gay Talese ya que al tal Foos no merece ser digno de mención ( yo creo que le iría mejor el apellido ” Feet “) por su poco caletre.
    Y empiezo con Talese no porque sea más merecedor de mención que Foos, sino, por todo lo contrario. Él, tendría que afear la conducta del dueño del motel y denunciarlo.
    Una cosa es que los individuos se presten a colaborar en una campaña para conocer los comportamientos sociales y sexuales, y otra que salgan a relucir actuaciones de esa índole que sólo le incumben a la pareja.
    Dices que el libro es de poco contenido pero contado con ritmo jornalístico.
    Yo también sentí curiosidad y me leí el primer libro de ” Las 50 sombras de Grey ” no pasé del primer tomo, los dos restantes sería más de lo mismo pero, eso no lo censuro, ahí, eran dos personas que se sometían a lo que a ellos les daba la gana. Este caso es diferente. Estaban siendo espiados y eso ya es una usurpación.
    Y después de dejarte mi sincera opinión me voy a buscar el paño lene y suave para echar por unas horas a esas partículas diminutas que tanto tiempo nos hacen perder a las amas y amos de casa.
    Saludos palmeiráns Xerardo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *