O regreso, de Hisham Matar

Regreso, El_135X220Xerardo AgraFoxo. Trinta e dous anos despois de abandonar a terra dos seus pais, “cando as palabras non eran perigosas”,  Hisham Matar, o autor desta novela, regresa a Libia xunto coa súa nai e súa muller. Leva unha maleta cargada de boas intencións. A súa teima  é indagar sobre o paradoiro de seu pai, Jaballa Matar, un próspero e culto empresario desaparecido nas cadeas que erguera o abominable réxime de Gadafi. Tamén quere saber o destino dalgúns familiares “perdidos” nas areas do deserto libio. Baixo este pano de fondo, semella que esta arrepiante historia, máis que estar construída por un novelista con grandes recursos estilísticos, está tecida por un fillo que se enfronta cun pasado no que pode descubrir cousas nada agradables para a súa memoria. A medida que o autor avanza nas súas pescudas e denuncia a brutalidade da ditadura libia, a novela convértese nunha obra chea de suspense pois o autor debe mergullarse nun mundo inzado de complexidades, temores e misterios nunca resoltos.

matarTal como Telémaco buscaba o seu pai, Hishan Matar, autor das galardoadas, Só neste mundo (2007) e Historia dunha desaparición (2012), vai detrás do seu, un destacado líder da oposición libia secuestrado no Cairo polos esbirros de Gadafi. A través dunha exhaustiva investigación, convertida nunha obsesionante e conmovedora autobiografía, onde abondan os saltos temporais, as denuncias sinceras e as descricións máis realistas, coñecemos esta loita para facer as paces cos fantasmas do seu proxenitor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *