Correr é de covardes

chovendo1X. Ricardo Losada. Tras ler un texto meu no blog Café Barbantia sobre os paraugas e a chuvia, Magdalena escribiu un comentario no que contaba unha substanciosa anécdota. Un señor de Palmeira vai cos dous fillos en bicicleta cara o estaleiro do Caramecheiro. De súpeto comeza a chover e os fillos pedalean con máis forza para chegar primeiro. O pai grítalles: “Pero que facedes, non vedes que se corredes máis, colledes a chuvia de aquí e a de alá”. A anécdota fíxome recordar algo que dicía un compañeiro meu de equipo de fútbol, famoso polo vago que era, cando o adestrador lle pedía que correse máis nos adestramentos: “Correr é de covardes”. As dúas frases son marabillosas porque o perdedor atopa unha forma simple e sutil de converter a derrota en vitoria. No primeiro caso os fillos chegarán antes pero cunha dobre molladura, mentres o pai chegará seco. E, para quen non ten présa, chegar seco é máis importante que chegar antes. No segundo caso, os compañeiros de equipo poderán dicir que son máis rápidos, pero o atrasado poderá dicir que é máis valente. E ninguén dubidará de cal das dúas cousas é máis importante. Os rápidos só cambiaron a historia do deporte. Os valentes, a da humanidade.

Pero a anécdota de Magdalena dá para moito máis. Se en vez de pórnos de parte do pai, nos pomos de parte dos fillos, poderiamos pensar que o pai é un deses tipos pedantes que leron un día un libro e pasan o resto da vida exhibindo os coñecementos que mal asimilaron. Neste caso, ese pai debeu ler nalgún sitio que, segundo a teoría da relatividade, a velocidade inflúe no tempo (ao aumentar a velocidade, o tempo vai máis a modo), e pensou que ese tempo era tanto o tempo físico como o meteorolóxico. Se os fillos aceleraban a velocidade da bicicleta, o tempo meteorolóxico iría máis lento e cando chegasen a destino seguiría chovendo. Porén, cando o pai chegase máis tarde, xa faría sol, e mollaríase moito menos. Pero xa digo. Ese razoamento do pai, ademais de pedante, é puro sofisma. Non ten pés nin cabeza.

chovendo2Sexa como sexa, e aínda sabendo que o que di o pai é absurdo, o curioso é que instintivamente poñémonos da súa parte. Captamos de inmediato que di unha verdade profunda. E algo máis importante. Que aínda que poderiamos intentar explicar esa verdade profunda, non paga a pena. Miguel Torga dicía dunha lenda medieval que o que lle importaba non era se Cristo se lle aparecera ou non ao rei Afonso Henriques antes da batalla de Ourique contra os musulmáns, senón se o rei viu a Cristo e se conseguiu convencer diso aos seus compañeiros de armas, dándolles a seguridade previa da vitoria. O mesmo me sucede a min coa anécdota de Magdalena. Non me importa saber se os fillos se mollaron máis ou menos que o pai senón se cando oíron as súas palabras (“…colledes a chuvia de aquí e a de alá”) se decataron de que, por moito que chegasen antes ao estaleiro, o pai acababa de infrinxirlles, cun sutil e simple sarcasmo, unha severa derrota.          

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

6 respostas a Correr é de covardes

  1. Magdalena di:

    Efectivamente, Fidel, el susodicho personaje era nada más y nada menos que el señor Pepe Saavedra. Recuerdo una vez que yo me encontraba en el bar de Baldomero y entró el señor Pepe y le pidió una copita de Tel.
    Baldomero se lo quedó mirando y le dijo: – ” Pepe, eu esa bebida na teño ” – a lo que él replicó – ” como que non, que está ahí enfrente ” – Baldomero volvió a mirar y remirar el estante de la barra donde tenía todas las botellas y después de leer los nombres en alto de cada una de ellas me dijo a mí, ” Rapaza, ti ves ese carajo do Tel que dí Pepe que lle poña ” – Yo, repasé también en voz baja los nombres y apellidos de todos los quitapenas de la repisa y allí el Tel brillaba por su ausencia. Miré para el señor Pepe y me di cuenta de que en su cara asomaba una sonrisa maliciosa , y apuntando con el dedo a Baldomero y de inmediato llevándolo hacia la derecha el señor Pepe contó – ” Unha, duas, tres, catro… é a quinta empezando pola dereita. – ” ¡¡ O carajo Pepe !! eso é Moscatel “. El señor Pepe se giró hacia mi, y riéndose me dijo – ” miña filla, e eu para qué quero a mosca, si a quer, que a coma él, non che parece? ”
    Un biquiño para todos. Boas noites.

  2. Magdalena di:

    Muchísimas gracias José Ricardo y Gonzalo por vuestros buenos deseos. Amigos así da gusto tenerlos.
    Comentar vuestros textos para mí, es siempre un placer.
    Que nuestro querido amigo Gonzalo me llame guapa, un orgullo.
    Agradecida y besiños para los dos.

  3. x ricardo losada di:

    1- Alédame saber que xa estás na casa, e con ganas de comentar os nosos textos.
    2- Agardo con impaciencia esas anécdotas. Parece que o personaxe promete. Por certo. Cantos personaxes curiosos hai en todas as vilas galegas. Ben merecen que as súas andanzas pasen da tradición oral á escrita, tal e como fixo Antón Riveiro en A ferida do vento.
    3- A min pasoume algo parecido co Pico Sacro. Cando estaba escribindo a colaboración para o libro do que falei aquí, tiven que durmir una noite no hospital cun familiar meu na quinta planta. Foi unha sorpresa moi agradable comprobar que desde aquel cuarto vía o Pico Sacro. Non vou dicir que tivese nese momento a idea para a colaboración (parecería moi literario), pero así foi.
    Apertas e moitos ánimos desde Rianxo

  4. gonzalo trasbach paz di:

    Boas noites. Aínda que o comentario non vai conmigo. Quero participar para dicir cánto me alegre a volta á casa da nosa moi aprezada Magdalena. Bicos, guapa. Agardo que todo vaia moi ben.

  5. Magdalena di:

    Querido profesor:
    Como decía Tarradellas ” Ya soc aquí ” a Dios gracias. Acabo de sentarme ante el ordenador y he estado leyendo tu artículo en el cual mencionas la anécdota que yo te conté, pero que escrita por ti, resulta más amena e incluso más formativa al añadirle tus valiosos comentarios. Sé que soy repetitiva pero como te dije en una ocasión , tú encuentras un botón y te confeccionas un traje.
    Yo no sé si el razonamiento del dueño del astillero es puro sofisma, lo que sí sé es que, éste señor ha sido un personaje muy particular y peculiar aquí en nuestro pueblo y se cuentan muchas y buenas anécdotas que si se da el caso te iré contando, incluso llegó a escribir una novela. Y como tú dices al final del artículo, la sutileza que él empleó y con la que sabía jugar muy bien, ( ésto lo añado yo ) cuándo los hijos rompieron la cinta de llegada a la meta ( astillero ) el padre ( finalista ) llegó victorioso después de haberle infringido esa derrota verbal como un jarro de agua fría, bastante más fría que la de la lluvia que había mojado a su lento padre. El progenitor segundón, fue el ganador.
    Ahora querido José Ricardo quiero contarte que desde la planta cuarta de una habitación con el número 420 divisaba perfectamente la cabeza erguida de ese monte gigante llamado ” El Pico Sacro “. Lo supe de casualidad ( como otras que me han sucedido contigo ) Estaba leyéndole en voz alta a mi marido tu artículo y nuestra vecina de habitación me dijo ” el Pico Sacro es aquél de enfrente “. ¡¡ No me lo podía creer !! Jamás había oído que existía el citado monte. Me encantaba contemplarlo desde la aburrida estancia en la que me encontraba a pesar de que mi motivo de satisfacción era muy diferente al de Ramón Vilar Landeira. José Manuel me prometió que me llevaría a él. Ya le diré a la propietaria de ” Discos Fans ” que vaya guardándome una canción de Van Morrison.
    Un placer José Ricardo. Desde Palmeira un besiño.

    • Fidel Vidal di:

      Non podía faltar á cita de Magdalena, sabendo que “xa está aquí”, ademais falando dun personaxe que cu coñecín ben. O seu estaleiro estaba mesmo fronte á casa do meu avó: na praia das Carolinas. Desde Ribeira, camiño de Palmeira, pouco antes do Caramecheiro (que me perdoe a corrección Xosé Ricardo). Chamabámoslle “o señor” Saavedra quen, e efecto, ademais de construír uns barcos “moi mariñeios”, publicou unha novela que el mesmo distribuía e vendía portando exemplares nunha maleta. Tiña por título nada menos que “Pandilla de eminencias”. Outra anécdota do personaxe: Se o convidaban a un viño, el erguía a cabeza e preguntaba; “Quen, quen me convidou?” Sorprendido, presentábase o suxeito un chisco nervioso a quen, sen lle dar tempo a dicir nada, o señor Saavedra dicialle: “Non. Non acepto o convite porque despois teño que acordarme de quen me convidou para corresponder e non estou eu con esas”.
      Apertas e saúde para todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>