Joyce (IV), a postura de Eliot

eliotGonzalo Trasbach. E se ben se pode desculpar ao vello Shaw e tamén ao bate Yeats, a quen James Joyce apreciaba e cuxo falecemento, o 28 de xaneiro de 1939, o embargou de emoción; a todos os demais custa facelo, pois tiveron xestos perigosos, difíciles de perdoar nos creadores, pois neles detectábanse actitudes defensivas ante o que consideraban unha posta en cuestión dos seus antigos privilexios, os dos artistas considerados coma únicos gardadores, detentores e manipuladores da linguaxe da tribo. Mais escápase deste contexto a postura de T.S. Eliot?

Antes de nada, Eliot tiña coñecemento da creación de Joyce por mediación de Pound. E ambos topáronse en París, a onde o norteamericano acudiu portando un paquete de Pound para o escritor irlandés, e que contiña un traxe e uns zapatos. Tamén a petición de Pound, Eliot escribiu algúns artigos favorables á lírica e á prosa do dublinés. Este suxeriu a Miss Weaver que intercedera ante Eliot para fixera unha crítica do “Ulysses” para o Times Literary Supplement, pero o autor de Catro cuartetos contestou que por ese lado nada se podía facer. Con todo, confesoulle a Virginia Woolf que, aínda que prefería non tela lido: <como pode alguén volver escribir despois de ter conseguido o prodixio que é o último capítulo?>.

homeroCal é entón o problema? Tanto Joyce coma Eliot, pese a todo, sempre recearon un do outro. Mais a cousa está na explicación que dá no famoso artigo “Ulysses. Order and Myth” (hai tradución en Internet) da complexidade do Ulyses. O texto apareceu no 1923 en The Dial. E nel, ao contrario do que fixera Pound, Eliot expuxo a súa percepción da importancia que tiña o paralelismo coa “Odisea”, un dato sen importancia, dun continuo paralelismo entre o contemporáneo e a antigüidade. Con este método, o que fai non é máis que agochar a sinxela complexidade da obra de Joyce, e silenciar no texto orixinal o home común contemporáneo, para explicarlo y plancharlo, insertándolo en un orden mítico que a día de hoy nada significa, tal como di María Lozano. O reducionismo de Eliot é responsable de que os valores literarios autenticamente innovadores da linguaxe joyceana quedaran marxinados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *