Joyce (V), o papel das mulleres, fundamental

joyce zurichGonzalo Trasbach. Mais con todo, moita xente axudou a Joyce para sacar adiante unha obra na que o dublinés tivo que librar unha continua loita a morte para vela publicada. Ademais do baluarte que foi, como xa se indicou, Pound, quen se foi distanciando do irlandés segundo este lle ía remitindo textos de Finnegans, proxecto no que non cría o norteamericano afincado en Venecia, tamén é de destacar a do crítico e escritor francés Valery Larbeau, a quen Joyce visitou cando fuxía cara a Zurich en Vichy, onde residía logo de perder a fala e a mobilidade en 1935. Mais o home que xeraba desconfianza ata nos rusos, contou coa colaboración de Vladimir Navokov, por su posto de Beckett, e de Hemingway, entre outros moitos. Nos últimos dez anos gozou do estimable axuda de Paul Léon, que exerceu de secretario cando Joyce estaba case completamente cego. Léon foi asasinado no 1942 por ser xudeu.

Emporiso, James Joyce confesou en máis dunha ocasión que de quen recibiu unha colaboración e cooperación incalculábeis foi, sen dúbida, das mulleres: <durante toda a miña vida, ninguén me ten apoiado tan activamente como as mulleres>, dixo. Sen ningunha dúbida, o mellor anxo da garda que tivo o escritor irlandés foi Harriet Weaver, non só pola aposta que fixo pola súa obra, unha boa parte da cal viu a luz na revista que ela dirixía, senón porque exerceu de mecenas e incluso foi a que se fixo cargo dos gastos do seu funeral. E logo están as valentes e atrevidas Sylvia Beach, a primeira editora do “Ulysses”, e súa amiga e tamén libreira Adrianne Mounir, responsable da edición francesa. Pero houbo moitas outras: Lady Cunard e a dona de Raold McCormick, quen foi tamén benfeitora de C.G. Jung. Jenny Serruys, axente literario, que traduzo ao francés Portait, traballo que completou Ludmila Bloch Savitsky; a baronesa St.Leger, Margaret Andersen e Jane Heap, responsables da revista Little Review. joyce zurich2Así coma tamén Maria Jolas, muller de Eugene Jolas, matrimonio importante para os Joyce durante a complexa xestación de “Work in Progress”. Con todo, a feminista Rebeca West púxose de parte da súa compañeira Virginia Woolf. Unha información moito máis rigorosa e mellor artillada sobre esta lista está no libro de Ellmann. A pouca distancia da Shakespeare and Company vivía Gertrude Stein. Esta sentiuse irritada ao ver que lle arrebataban a coroa de raíña do experimentalismo. Mais admitiu que Joyce era un gran escritor.

!Bien alto¡, amontona sobre nosotros miserias, pero entreteje nuestro arte con risas en voz baja. Con esta oración culmina o que viña ser o capítulo noveno de “Finnegans”. O peso da redacción do texto final levouno Madame France Raphael, outra das intelixentes mulleres que contribuíron á causa literaria dun Joyce que xa tiña escrito no Ulyses: Por qué tienen las mujeres tales ojos brujos?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *