Xerardo AgraFoxo. Comecei a ler esta novela con certos receos: en primeiro lugar, porque xa lera varias reportaxes sobre o tema central da obra cando no ano 2003 se celebrou o Douscentos Aniversario da Real Expedición Filantrópica da Varíola que, dirixida polo médico Francisco Xabier Balmis, saíra do peirao da Coruña rumbo a América. En segundo lugar, porque tamén lera sobre este curioso tema o libro A flor de pel, de Javier Moro, o mesmo autor de Pasión India, sobre a vida da bailarina Anita Delgado, e El sari rojo, baseado na figura de Sonia Gandhi.
Esta nova achega, tecida por María Solar, sobre aquel episodio sanitario céntrase na súa totalidade na cidade da Coruña. E, concretamente, en dous espazos reais: O Hospicio da Caridade, onde traballa sen descanso a súa reitora, Isabel Zendal, unha muller cun pasado ateigado de sombras; e o doutor Antonio Posse Roybanes, que trata cunha envexable profesionalidade os enfermos do Hospital da Coruña. Eles, xunto cun fato de nenos, entre os que destaca Ezequiel, Clemente de la Caridad, Candela e tamén a irmá Valentina, son os auténticos protagonistas desta historia. E, malia os meus receos iniciais, a obra non me decepcionou unha miga. Os personaxes están trazados coas súas luces e arestas, a trama avanza cun interese crecente e seguindo con fiabilidade os acontecementos históricos, a realidade social que envolve os nenos do orfanato é descrita con pulso firme, e o galego empregado pola autora é unha auténtica exquisitez, un logro que se pode apreciar na páxina 60 onde explica con didactismo os descubrimentos científicos realizados por Edward Jenner sobre a varíola no mundo rural de Inglaterra. Como diría J. G., o autor de O mundo de Sofía, Os nenos da varíola (2017) é unha obra escrita para mozos que lerán con avidez os maiores.
Otro título para la libreta de recomendados. Si Jostein Gaarder, el autor de uno de mis libros preferidos, como es El mundo de Sofia, dice que leeremos con avidez, y tú, Xerardo, también la avalas, habrá que tratar de adquirirla. A ver como le digo esta vez al carpintero de casa que necesito una nueva estantería.
Saludos palmeiráns, Xerardo.