Libremente

libremente1Antón Riveiro Coello. Nos últimos días houbo unha enxurrada de declaracións por mor das palabras da presidenta da Comunidade de Madrid cando insinuou que as vacacións non son unha obriga dos traba-lladores, senón unha opción para tomar libremente. Non se precisan moitas luces para detectar que esta expresión pecha certo populismo e a falsa idea de ser unha muller traballadora. Pois ben, o que me molesta disto non é a influencia que estas palabras poidan ter na sociedade, senón as reaccións tesas e desairadas de certo sector progresista, que denotan unha falta de ironía preocupante para contrarrestar un argumento que non se sostén por si só. Responder con gravidade e transcendencia o que fai é erguer o tema á categoría de importante. Se partimos da idea de que traballar non é un dereito senón o privilexio duns poucos afortunados, resultaría doado chegar á conclusión de que as vacacións son un luxo. Pero nin todo é tan branco nin tan negro. O que menos me estraña é a morea de aliados involuntarios que lle saíron á señora Cifuentes, especialmente algúns autónomos que se queixan da imposibilidade das súas vacacións para non perder cartos. libremente2Non o dubido. Todos temos a nosa casuística. A miña nai, por exemplo, era costureira e, canto máis cosía, máis gañaba (unha fórmula que non vale para un funcionario). Con todo, a miña nai, malia o risco de sermos máis pobres, non perdoaba uns días na praia. Pola contra, o meu pai, que era policía municipal e fontaneiro, seguía un pouco a liña opcional da señora Cifuentes ao usar as vacacións do concello para instalar baños e axudar na seitura dos sogros. No fondo, eu tamén vou polo mesmo camiño: collo as vacacións de funcionario para seguir traballando de escritor, iso si, libremente.

 

Esta entrada foi publicada en Antón Riveiro, Ensaio, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Libremente

  1. Carmen di:

    No me queda otra que hacerme eco de la respuesta de Magdalena: “Nunca llueve a gusto de todos”.

  2. Magdalena di:

    Gobernar quiere decir hacer descontentos, querido Antón. Nunca llueve a gusto de todos. A mi de política no me gusta hablar, pero hay una frase célebre muy buena que me parece adecuada para este contexto, es así : Vota al político que menos promete. Será el que menos te decepcione.
    Besiños palmeiráns, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>