Regreso a Berlín, de Verna B. Carleton

regresoXerardo AgraFoxo. Esta magnífica novela esta baseada nun feito real: a viaxe que en 1957 realizou Verna B. Carleton (1914-1967), unha estadounidense de nai inglesa e pai de ascendencia xermana, e a súa mellor amiga, a fotógrafa alemá Gisele Freund que fuxira do seu país cando os nazis chegaron ao poder no ano 1933.  A narración comeza durante un cruceiro polo Caribe: Eric Devon, a súa muller, Nora, e unha periodista norteamericana, deciden viaxar ao Berlín que está a se recuperar dos desastres producidos pola Segunda Guerra Mundial. E todo comeza porque Eric, un home psiquicamente inestable,  confesa algo que leva oculto no profundo da súa memoria: vive en Londres como un cidadán inglés, pero en realidade é un xudeu alemán que sufriu o nazismo.

 O regreso a Berlín converterase para el nunha viaxe devastadora. Moitas cousas que esqueceu volverán de socato á súa cabeza; os encontros con algúns familiares e amigos levarano a escoitar xuízos arrepiantes contra el;ICULT     escritora Verna B  Carleton  autora de  Regreso a Berlin comprobará como algúns nazis se reconverteron en demócratas cínicos; e, ademais, descubrirá algún aspecto da vida da nai e como morreu seu pai nunha cela da Gestapo. Nunha trama ateigada de silencios e complicidades, Regreso a Berlín (2017) é, sobre todo, unha novela onde se contan con honestidade algúns episodios lacerantes– como a liberación de Bergen-Belsen– e onde laten varios temas centrais: o drama do exilio, a eiva que produce a sensación de culpa e o amargor que sofren os seres humanos cando viven baixo o imperio do terror. Unha historia lacerante contada cun estilo intelixente. Todo un tratado de historia contemporánea. Formidable!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *