O historiador de Palmeira

José_Álvarez_CastreloPastor Rodríguez. Licenciado en Historia, Xosé Álvarez Castrelo naceu en Palmeira en 1958. No ano 1985 publicou un rigoroso traballo de investigación co título Síntesis histórica de Palmeira, obra dividida en tres partes: a primeira está dedicada ao século XVII, a segunda ao século XVIII e a terceira á primeira metade do século XIX. Neste libro estuda a sociedade, a economía e a demografía de Palmeira, pero tamén a vida cotiá e o mundo espiritual desta parroquia de Ribeira; engade, ademais, a relación de homes ao servizo da Real Armada e a hidrotoponimia da freguesía. É autor tamén doutros traballos dedicados á súa vila natal, como O azoute de viruelas de 1876 (2010), O camiño de Insuela en Palmeira (2011) ou Palmeira no 1929 (1984). No 2011 apareceu outro volume monumental da súa autoría, Nacer, crecer, vivir e morrer en Palmeira (1500-2000), dedicado ao estudo xenealóxico das xentes da súa vila, dende o Renacemento ata o final do século XX. Ademais ten colaborado en revistas do Barbanza como O Imo ou A Caramecha, e tamén en volumes colectivos como Os vellos camiños do Barbanza (2011).

 

 

Un comentario en “O historiador de Palmeira

  1. Buenos días Pastor:
    Tomo nota de esos títulos porque alguno me falta. Precisamente esta noche estuve leyendo ” O facultativo e o monarca ” lo escribió para el libro de fiestas de nuestro pueblo.
    El protagonista, un médico, don Vicente García Millán ( el primer propietario de la famosa casa del jardín ) con motivo del centenario de su muerte, y como siempre, mi querido vecino Pepe, documentado y batiendo el cobre. Es un luchador que se esfuerza poniendo gran empeño en todo lo que hace.
    Pastor, te debo una visita. Estuvimos el pasado lunes ahí en Artes pero, mi gozo en un pozo; estaba cerrado. No nos dimos cuenta de que los lunes los museos cierran. Reitero: Te debo una visita.
    Un abrazo para Pepe, y como no, otro para ti, Pastor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *