O lector, de Pascal Quignard

lector1Fidel Vidal. Este singular libro, O lector (Cuatro, 2008), que Pascal Quignard entende como Relato, está formado por unha escrita fragmentaria, composta de ideas soltas, citas e comentarios de clásicos, profundas meditacións que o autor foi madurando mentres exercía como lector da editorial Gallimard, e na que viu a luz en 1976. Unha obra que convida a reflexión. Hai un narrador que trata de vostede a quen lle está a falar dun el que é o lector. “Que foi del? Ardeu? Foi devorado polos libros?” A obra ilústrase con tres imaxes en branco e negro: Interior, de Hammershoi, e as outras dúas Nai do pintor e Ancián lendo, de Rembrandt.

Sabe vostede que é un lector? Os que non escribiron, e que non obstante pasaron a existencia entre libros, os que coñeceron como única paixón, como profesión, esa especie de estupor que provoca a lectura -que a nada, as quimeras retribúen- aqueles que prescriben o silencio son talvez os únicos entre nós cuxa mención deba estar ausente, Que o esquecemento os ampare!” (p. 32)

Non che escribo hoxe, porque toda distracción, incluso a máis agradable, fáiseme odiosa, e necesito a máis silenciosa soidade da alma, e un esquecemento descoñecido, para ouvir cantar dentro de min certas notas misteriosas” (Mallarmé). Estamos a falar da escoita, para nos ofrecer o misterio das notas. Pensando talvez no lector, tamén necesitado do silencio para ouvir o canto dentro de si a través do verbo expresado no libro que, ao abrilo, o identifica como tal.

O silencio aparece como unha prescrición para a lectura, sen contar naturalmente coa lectura en voz alta, en atención aos analfabetos, como acontecía coa obra O mundo é ancho e alleo, de Ciro Alegría, transmitido de boca a boca polas aldeas. Aínda así o silencio é necesario para escoitarmos a voz interior onde se reflicten os acontecementos narrados. Mais fica o silencio nalgún outro lugar, onde o silencio non significa, di Quignard. “Nada no silencio responde polo silencio”. “O lector cáptase a si mesmo como sentado fóra do tempo. É un devir irrecoñecible, que se ve moito máis zarandeado por ese tempo ínfimo no que sen ven alporizadas polo tempo de sucesións e idades dos seres.” (p. 79)

lector2Os libros repletos de historias deste e doutros mundos, dun mundo “en falta”. Mundo finxido, homes finxidos, linguaxe de ficción, “non xa servidor deste mundo, non xa mediador deses homes, senón el mesmo empeñado na escalada dese finximento, desviado entón da súa función, defunctos, defunto. Linguaxe defunta, é dicir, tamén, defunta desa morte” (p. 81). “Quen le a libro aberto le a mundo pechado.”

O embruxo da lectura equivalía a provocar tantos efectos reais cantas causas habituais faltaban (…) Fogo ardente, dicía, do que aínda fican rescaldos. Avidez á que todo convida sen satisfacela”(p. 87). “Pode alguén levar lume no regazo sen queimar a súa vestimenta?”(p. 88): velaí unha propiedade dos libros. “Como se dicía antano, o testemuño máis veraz ignora a maior parte daquilo que atesta”. “Daquela que faría eu? Escribín este libro. Contemplei como medran as pedras”.

3 comentarios en “O lector, de Pascal Quignard

  1. 1º – Gracias a ti, por instruirme, así podré formar un poquito a Emma. Es muy inteligente.
    2º- En ese caso, Fidel, ( referente al significado de las piedras ) pasaré sin decir oxte ni moxte, y lo dejaré en un punto y aparte.
    3º- Los abrazos silenciosos son los que más prestan. Te lo devuelvo procurando no hacer ruido, para que el silencio, esta vez sí, pueda responder por el silencio del transferido abrazo.

  2. ” Quen le a libro aberto le a mundo pechado “. Formulación muy veraz. A veces me voy para la biblioteca del Lustres Rivas y allí con el libro abierto y rodeada de un humano silencio, me apeo del mundo. Es la mejor prescripción para desconectar del cosmos o, con lo que él mismo, nos sanciona.
    Hace unos días, salí temprano con mi nieta a recoger morar, íbamos por un lugar llamado Chacín. En esa zona hay un sitio donde se divisa gran parte de la ría, allí exactamente, hay algo especial; el silencio es absoluto. No corría ni una ligera brisa, y mi nieta, me dijo algo que me hizo sentir como en el Lustres Rivas: ” Abuela, escucha ” yo me la quedé mirando y pregunté: ¿ Qué tengo que escuchar, Emma ? Y ella me contestó, : ” El silencio, abuela, escucha el silencio ” le sonreí y asentí con la cabeza. Lo que mi nieta acababa de decirme, lo había leído en alguna parte, pero, que ella se percatara del sonido del silencio me satisfizo.
    Bajamos la cuesta cogidas de la mano y en la otra, los frutos de la zarzamora. Y mientras hacía la sana y sabrosa confitura, mi marido me preguntó por qué sonreía. Le pregunté si alguna vez había escuchado el sonido del silencio, y me dijo: ¡ ¿ Quee ? !
    Abuela y nieta nos guiñamos un ojo y continuamos revolviendo la mermelada. Quizás otro día veamos crecer las piedras.
    Saludos cariñosos de una lectora palmeirana que os lee siempre con cariño a todos.
    Salud, Fidel.

    1. Miña atenta Magdalena:
      Grazas polas túas palabras, esta vez acompañadas da “escoita do silencio”, da man dunha neta. Vaites coa neta Emma! Así dá gusto pasear en tan sensible compañía. O medrar das pedras, segundo algún sesudo lector, pódese referir ao “crecer o número de lápidas do cemiterio”. Esas son as cousas do “exquisito” (cualificación admitida por Antón Riveiro) escritor que é Pascal Quignard, un apaixonado da música, tema que aborda en numerosos e excelentes ensaios. Mesmo nalgunha das súas novelas.
      Saúde e unha aperta sen rúido, en silencio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>