Sedentarios

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Iso de que coa chegada do verán se enchen os parques, as rúas e as praias de deportistas, non o teño moi claro, porque, ó menos no parque ó que vou, só vexo catro matados correndo e a inmensa maioría dos alí presentes sentados ou tombados no céspede, a ser posible onde haxa unha sombra. En calquera praia, na relación «activos Vs. deitados», gañan estes últimos por maioría, en número de elementos e en cantidade de tempo. Como moito, de nadar dan un par de brazadas e xa volven para tombarse ó sol. E nos bares con terraza as mesas están ocupadas por calóricas bebidas azucradas e copas de xeado. Dicíase hai anos que o home do futuro ía ser un tipo cabezón, pola necesidade de cerebro que necesitaría. Eu creo que vai camiño de ser rechoncho pola acumulación dun excedente de enerxía que non dá gastado.

Advírtennos cada pouco, que imos cara unha sociedade de bazunchos criados desde a adolescencia, esa idade en que por necesidades biolóxicas se demanda unha maior actividade, porque aquel gasto de adrenalina en xogos que ensinan a competir e non a vencer, como a billarda, a queda, ou o pano, agora déronlle paso á Play Station, nun afán por machucar pixelados inimigos, con casas e pontes incluídas, sen moverse do sofá, mentres entreteñen a boca con todo tipo de froitos secos e salgados, sen esquecer as bebidas doces, cando noutro tempo nos bastaba poñerlle a boca á billa da fonte. Iso é o preocupante para calquera pai que de tal se prece, que onde antes había de pelexar por aportar o necesario combustible para a demanda enerxética do cativo, agora ha de limitar a acumulación calórica. Que despois de toda unha mañá sentado a un pupitre que malamente cumpre coas condicións ergonómicas mínimas, aínda obrigan ós rapaces a permanecer en inactividade física durante unha tarde enteira de música, informática ou inglés, porque a escola non lle basta ó pobre adolescente. E chegan as vacacións e os corpos non están por sufrir suores desacostumados, e limítanse a aplicar a lei do mínimo esforzo e alto aforro enerxético en chancletas e con toalla, con atractiva roupa deportiva pero pouco deporte.

Tal vez non estaría de máis que as comisións de festa das nosas vilas, programasen a recuperación dos xogos tradicionais, alomenos para sacar ós mozos de encima das toallas ou de diante das pantallas.

Un comentario en “Sedentarios

  1. Querido Francisco:
    Voy a remitirte algo que leí hace unos días. Este es el titular : “OS HOMES DE RIBEIRA VAN EN BICI O FIN DE SEMANA PARA ESCAPAR DAS SUAS MULLERES” Y ahora te añado algo del texto. – “Sí amigos, o sospeitoso incremento de ciclistas en Ribeira durante os fins de semana non é debido a que queiran facer deporte. Nada mais lonxe, o que queren é escapar da muller. Un reporteiro infiltrouse en diversos grupos de ciclistas e gravou cunha videocámara as declaracións de varios integrantes. “Sí macho, eu comprín a bisi porque sinon o sábado pola mañán tiña que ir ó Haley, e o domingo tiña que limpar a casa, e así si vou faser deporte a miña muller non se enfada. Non é como cando iba ó bar” (…) “Antes un home podía ir tranquilo a tomala chiquita pero ahora ten que cumplir…”
    Te diré apreciado vecino, que mi marido no hace deporte, ni siquiera practica el pedaleo de fin de semana, pero visto lo visto, prefiero que tenerlo en casa aunque esa aportación calórica aumente un poquito, a que se me vaya por ahí de picos pardos.
    De todas maneras y bromas aparte, tienes toda la razón, yo también defiendo a capa y espada el ejercicio, ya que lo practico. A mi, ni la lluvia ni el frio, me impiden dar mi caminata de casi dos horitas diarias.
    Saludos muy activos desde nuestra Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *