Indiferentes

indiferenteAntón Riveiro Coello. Estes días, co peito encollido, vin a crueza dun vídeo que rexistra en China o dobre atropelo dunha muller que remata morrendo porque ninguén a socorre. A violencia das imaxes é extrema. E a frialdade deses transeúntes que pasan ao carón da vítima, ignorándoa, ergueu en min unha furiosa indignación e, ao mesmo tempo, unha dúbida. Que fariamos nós se vivísemos nesa sociedade asiática? Ignacio Echeverría, o heroe do monopatín, con certeza axudaría a muller e evitaría o segundo atropelo que lle apañou a vida. E nós, seriamos quen de o facer? Non é unha pregunta doada de contestar. Eu mesmo, lémbrome de neno, camiñando cuns cromos na man, cando, de súpeto, un home se debruza no chan e provoca a alarma da muller que vai con el. Axotado, dou en correr para me afastar canto antes deste suceso estraño que me pon medo. Cando chego á casa non digo nada. Iso si, a imaxe do home caendo vai repetirse na miña cabeza durante toda a vida coma un castigo pola miña omisión.

Todos gustamos de nos identificar cos heroes, vestir a súa pel. Pero descender ao inferno dunha traxedia así íspenos e enfróntanos cun espello que nos devolve dúas caricaturas, a do que nos gustaría ser e a do que realmente somos. indiferente2O heroísmo ten unha condición azarosa e, por desgraza, non está ao alcance de todos. Son poucos os que camiñan cara á morte con dignidade. Un heroe é vulnerable e adoita ser o primeiro en morrer. Con todo, a súa morte nunca é gratuíta. A de Ignacio Echeverría evitou moitas outras. E a súa reacción intrépida converteuno en vítima e heroe, e nun exemplo non só para os indiferentes que pasaron a par desa muller china senón tamén para min, ese neno que se axotou co simple infarto dun home descoñecido.

3 comentarios en “Indiferentes

  1. Queridas Magdalena e Carmen: Si, a vida, ás veces, ponnos moedas baixo as pedras e non as vemos nin tan sequera cando tropezamos con elas. Bicos e grazas polos comentarios que sempre complementan o que un escribe.

  2. Estoy convencida de que todos llevamos grabado en el alma algún recuerdo del que no nos sentimos orgullosos. Y, si hurgamos un poco en la memoria, también encontraremos instantes en los que nuestro comportamiento estuvo al borde del heroísmo. Pero no sé por qué esto último se difumina y lo otro persiste.

  3. Un día un rey quiso saber lo solidarios que eran sus súbditos y mandó colocar una piedra en medio de un transitado camino. Se escondió para ver lo que sucedía y al poco rato vio pasar a la Guardia Real. Todos rodearon la piedra y prosiguieron su camino. Al poco rato pasaron unos vendedores de seda e hicieron lo mismo. Y así sucesivamente, hasta que pasó un arriero con su mula. Bajó de la acémila y con mucho esfuerzo logró sacar la piedra que tanto estorbaba en el camino. Bajo ella, encontró una bolsa de monedas de oro que había dejado el rey para premiar a aquél, que con el humano gesto como el que había tenido el arriero, fuese el merecedor de aquella recompensa.
    Cuando leí esta historia moralizante, me acordé de la parábola del buen samaritano, pues bien, Ignacio Echeverría, ejerció también de buen samaritano o de buen arriero.
    Jamás es perdido el bien que se hace.
    Un cariñoso saludo, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *