A estación das mulleres, de Leena Yadav

parched-568174837-largeXerardo AgraFoxo. A historia desta fermosa película está ambientada nunha aldea da India máis rural, onde catro mulleres novas loitan contra as tradicións que rexen no estado de Gujarat. Ranai, que quedou viúva con 16 anos, intenta casar o seu fillo segundo as convencións do lugar. A súa mellor amiga, Lajjo, vive na amargura porque non consegue darlle un fillo ao seu home, un brután que non deixa de mallar nela. Bijli, unha bailarina e prostituta, sofre as consecuencias dunha vida sen sentido, onde a súa beleza e carácter lle provocan problemas.  A cuarta muller desta historia é Janakhi, a nora de Ranai, que casou forzada con 15 anos e non consegue esquecer o seu mozo. Entre elas atópase unha comunidade que controla cada innovación que chega ao lugar, os móbiles, as parabólicas ou as televisións, aparellos que “so conseguen prexudicar” a vida neste lugar perdido da xeografía india.

parched2Con este pano de fondo, o filme destaca pola súa excelente posta en escena, cunhas paisaxes espidas moi acaídas, para comprender como as mulleres viven como prisioneiras dunha realidade social lacerante, unha banda sonora que polo seu ritmo alegre lembra as películas de Bollywood e unhas escenas eróticas impropias da cinematografía india. Sen dúbida, unha película moi suxestiva, comprometida e interesante, unha clara denuncia da violencia de xénero, da misoxinia e un canto  cun certo recendo libertario.

Esta entrada foi publicada en Cine, Xerardo AgraFoxo. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>