Repetidos

15040076395684Antón Riveiro Coello. Resolveuse o da rapaza que levaba cinco anos na procura doutra que era cravada a ela e aparecía fotografada na festa da Tomatina de Buñols. Se reparamos ben na imaxe de cadansúa rapaza, a semellanza é indubidable. O asunto erguera interese porque se adobiou coa posibilidade de que unha delas perten-cese a ese número indeterminado de bebés roubados, o que podería implicar que fosen xemelgas. A expectación, enorme, dobrouse ao introducir o elemento de que unha delas nacera nun hospital que acollera feitos tan crueis e arrepiantes coma o do tráfico de cativos. A noticia, veloz, deu coa rapaza a través das redes e houbo certa decepción no público porque nin son irmás, nin tan cuspidas e, por riba, hai unha distancia de nove anos entre elas. Agora todo ficou en nada, só na idea de termos un dobre en calquera parte. O desta rapaza atopouno lonxe, en Miami. Pola contra, o meu está más preto, na parroquia rianxeira de Asados.repetidos Lembro o primeiro día alí, cando os veciños me falaban con confianza, coma se me coñecesen de vello. O meu abraio non deixaba de medrar no bar Atalaia, onde os clientes me preguntaban pola familia e mesmo me agasallaban con leitugas e tomates. Ao principio pensei que ese trato tan familiar viña da miña amizade co oriúndo Xosé Luís Axeitos. Mais souben a verdade cando se me achegou unha rapaza que, logo de me chantar dous bicos efusivos, se decatou do erro e recuou para se escusar dicindo que eu era a viva imaxe dun dos Xacobiños de Asados, emigrado e taberneiro na praza da Leña de Pontevedra. E non, non gustei da coincidencia nin me picou a curiosidade. E, cada vez que vou á cidade do Lérez, coido moito de me pasar por esa praza porque non me quero ver repetido.

Esta entrada foi publicada en Antón Riveiro, Ensaio, Narrativa. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Repetidos

  1. Antón Riveiro di:

    Queridas Magdalena e Carmen: a verdade é que convosco temos moita sorte no Café, porque sempre ampliades e mellorades as nosas achegas con anécdotas e textos brillantes. Bicos e grazas

  2. Carmen di:

    Pues a ver si va a ser cierto eso de que todos tenemos un doble…
    Tendría yo algo más de treinta años. Acabábamos de llegar a vivir en Pontevedra.
    Episodio 1: Entro por primera vez en una zapatería. Al ir a pagar me doy cuenta de haber dejado la cartera en casa. La dueña del establecimiento se empeña en que me lleve los zapatos fiados. Le agradezco el detalle y le pido que me los guarde hasta que vuelva con el dinero. Pero, ante la insistencia de la señora, no tengo más remedio que llevarme los zapatos.
    Episodio 2: Voy al mercado llevando conmigo a una de mis hijas. La vendedora de pescado, mirando a la niña, dice: “ A vostede non lle tira, pero ó pai, tampouco” “¿Conoce usted a mi marido?” “Señora…,¡que cousas ten! ¿E quen non conece ó alcalde de Sanxenxo?
    Episodio 3: Me encuentro en una cafetería esperando a mi marido. Se acerca a mí un hombre con sonrisa afable: “¡Cuánto tiempo…! ¡Estás estupenda!”
    Al observar mi cara de circunstancias, el hombre, exclama: “¡Pero tú no eres…!” “Sí –me adelanté-, la mujer del alcalde de Sanxenxo”
    “¡Pues, claro…! ¿Es qué ya ni conoces a los amigos de la infancia?” “¡El caso es que yo no soy la esposa del alcalde de Sanxenxo!”
    Y todavía me ocurrió un cuarto episodio con la gobernanta en funciones del Gran Hotel de La Toja.
    No llegué a conocer a la mi doble. Pero, según me afirmaron, era muy guapa.
    Un saludo.

  3. Magdalena di:

    Querido Antón:
    Algo muy similar le pasó a mi hija cuando se marchó para Santiago. La besaba con mucha familiaridad gente que ella no conocía de nada. La confundían con otra. Mi hija nunca había visto a la otra chica, y la coincidencia era tal, que incluso tenían el mismo nombre, y nosotras, (las madres) eramos del mismo pueblo. No quiero dar lugar a malas interpretaciones por eso quiero aclarar que jamás he hablado con el padre de esa chica ni mi marido con su mujer. A la otra muchacha le pasaba lo mismo y su madre me llamó por teléfono para programar una cita y que las dos Toñas se conocieran. Y así fue; quedamos un domingo para tomar café aquí en mi casa, y cuando la muchacha entró yo me quedé ojiplática, ¡¡ eran parecidísimas!!.
    Hace unos años he vuelto a verla y la semejanza había remitido bastante. El tiempo es implacable.
    Bueno Antón, cambiaré unos días este café barbantiano tan ameno por una casa muy diferente pero necesaria. Cuando mire desde allí al Monte Sacro, os recordaré.
    Besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>