A felicidade

felicidadeAntón Riveiro Coello. A felicidade para un meu veciño estrafalario consiste en xantar un cocido no verán na casa da nai e despois tomar un coñac deitado ao sol. A isto engádelle o que xa sería a gloria: tocar nunha orquestra e morrer en plena actuación en calquera festa. Algúns non somos tan rebuscados e abóndanos con ler un libro á sombra dunha árbore escoitando o fragor eufórico da marea sobre a area da praia.

O concepto da felicidade é diverso e subxectivo. Aí atrás lembrei unha familia madrileña de tres xeracións que veraneaba nunha pensión da Coruña nos anos noventa e celebraba Galicia coa boca. Todas as mañás, a avoa, que pasaba dos cen quilos, mentres daba conta dun bo almorzo, buscaba na prensa calquera lugar onde houbese festa ou romaría. Minutos despois chegaban os demais membros da familia, afectados tamén por unha obesidade xenética e orgullosa, e encomendábanse á escolla da vella. O azar xeográfico era o de menos. Non lles amargaban tres horas de coche; eles ían felices exaltar o percebe, a tortilla, o polbo á feira, a costela ou o que fixese falta. Tanto tiña. Galicia para eles era un paraíso comestible, un bocado delicioso.

7º Gala PanoramaComo a curiosidade proe, a semana pasada entrei na cafetaría da pensión coas miras de preguntar pola sorte desta familia e puiden saber que a Romaría Vikinga de Catoira, na súa edición número corenta, lle apañara a vida á vella, e que o fillo non superara unha indisposición na vinte do Roncudo. Actualmente, o resto da familia, comandada polo máis novo, seica seguen vindo en agosto. Iso si, houbo certas mudas na tradición. Cambiaron o circuíto gastronómico polo musical. Agora son fans da Panorama e a súa felicidade, feroz, está cada vez máis próxima á do meu veciño estrafalario. Cuestión de gustos.

4 comentarios en “A felicidade

  1. Queridos Magdalena, Carmen e Maxi: grazas por compartides os vosos comentarios no Café. Dicir como anécdota que, no ano 1981 montamos un grupo de rock na miña vila, e a nosa mesa de son, que mercamos de segunda man en Compostela, nunha tenda que había no Preguntoiro, fora precisamente da París de Noia, unha Acustic de 16 canais, que daquela xa nos custara medio millón de pesetas.
    En canto ao meu amigo do cocido e o coñac, hai tempo que non sei del. Agardo que non lle pasase nada.
    Apertas fortes

  2. No cabe duda que ganarse un par de kilos en unas vacaciones en Galicia es casi lógico, porque nuestra gastronomía es envidiable, pero esos garbanzos del cocido en el vientre de tu vecino acompañado del coñac, y el bolo alimenticio rotando lentamente por falta de espacio en su interior, y para más Inri, espaturrado al sol, seguro, que “el estrafalario” no se moriría tocando en una orquesta, la palmaría asfixiado en sus propios jugos gástricos, eso sí, se iría morenito y con la tripa a rebosar.
    Yo coincido con Maxi Olariaga, la París de Noia es genial. Vosotros seguro que no habréis conocido al sin par vocalista conocido como “El gitano” tenía una voz maravillosa. Era el verdadero alma máter de la orquesta.
    Soy de las que me conformo también con un libro, Antón, o con una exposición como a la que he ido ayer. Está en el auditorio de Ribeira. Me acordé de ti. Es de Carlos Casares y merece la pena verla. La recomiendo.
    Abrazos desde Palmeira.

  3. En verano me gusta tumbarme a la sombra –sea en playa o campo- disfrutando de la lectura de un buen libro no muy extenso, darme alguna pequeña (o larga) caminata cuando el sol declina, sin olvidar por ello las comidas familiares -caseras o con alguna que otra cena fuera de casa- disfrutando del placer de los productos gallegos de una forma comedida, nunca atiborrándonos.
    Por la noche solemos organizar alguna sesión de juegos educativos -tipo Trivial- o escuchar las actuaciones musicales de mis nietos con una bellísima panorámica de la ría de Arousa como escenario.
    Me encantan las reuniones de familia, pero también ansío los momentos de soledad en los que puedo hacer de mi capa un sayo: como éste que estoy disfrutando echando mano del ordenador a mis anchas. Con un solo pincho que te conecte a la red…
    En verano suelo hacer otras muchas más cosas, pero no es cuestión de extenderme contándolas.
    Gracias por tu divertido artículo veraniego que me permite contar cosas sencillas.
    Buen verano.

  4. Gustame moito, pro habíame gustar máis se a orquesta preferida pola familia “Hedonez” fose a París de Noia!!!! Parabéns, Antón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *