Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón

Pedro_Antonio_de_AlarcónRomán Arén.  Na miña adolescencia lera dous libros de Alarcón, El niño de la Bola (que é de 1878) e El sombrero de tres picos (1874), a orixe do ballet de Falla. Están narrados con graza e tensión narrativa, pero o autor foi famoso, ademais, por El escándalo (1875), El capitán Veneno (1881), El final de Norma (1855), La pródiga (1882), é dicir, como narrador, pero foi tamén poeta, autor de libros de viaxes como La Alpujarra (1874), Viajes por España (1883), De Madrid a Nápoles… (1861) e polo Diario de un testigo de la guerra de África (1859).

Pedro Antonio de Alarcón e Ariza nacera en 1833, foi deportado en 1864 e ingresou na Real Academia Española en 1875.

A actividade de poeta foi secundaria nel, pero en 1870 publicou, con prólogo de Varela, Poesía serias y humorísticas, que aumentou en 1878 e que coñeceu a sexta edición en 1951. 335424g0Os seus vencellos con Galicia veñen pola amizade con Emilia Pardo Bazán, que lle dedicou o ensaio Alarcón. Estudio biográfico en 1891, o ano da morte do autor, e pola protección que lle dispensou en Madrid, nos seus inicios, o político e poeta Nicomedes Pastor Díaz, o autor de “Alborada”, falecido en 1863, pero a quen Alarcón lembra aínda en 1882 co soneto “En el XIX aniversario de la muerte del excmo. Sr. D. Nicomedes Pastor Díaz, solemnemente celebrado en Vivero”:

¡Cantores de Galicia! No os asombre/que, de tan lejos y bañado en llanto,/vengo yo a unir mi canto a vuestro canto/como obsequio filial al grande hombre./Ni el alto genio que le dio renombre,/ni su gloria y su prez muévenme a tanto…/¡Más humilde y más hondo es el quebranto/con que bendigo en mi dolor su nombre!/Él me amó como padre: fue mi amigo,/mi maestro, mi amparo…; y yo, de hinojos,/¡ay triste!, de su muerte fui testigo…/Heláronse en mis brazos sus despojos…;/y, huérfano ya de él, sólo conmigo,/¡cerré por siempre sus nublados ojos!

Outra relación ten Alarcón con Galicia, pois en 1876 negouse a colaborar nunha coroa poética adicada ao vigués Teodosio Vesteiro Torres (1847-1876) por terse este suicidado e parecerlle ao conservador que era Alarcón que calquera homenaxe era facer apoloxía do suicidio. Cómpre lembrar ademais que o poeta galego Leiras Pulpeiro traduciu o poema de Alarcón “O segredo”.

Esta entrada foi publicada en Poesía, Román Arén. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Galicia e os galegos na poesía castelá LXVII. Pedro Antonio de Alarcón

  1. Magdalena di:

    ¡¡ Qué poema tan bonito, Román !! es precioso, no lo conocía. Yo lo único que leí de don Pedro, fue “El sombrero de tres picos”y tengo que releerlo, porque recuerdo que la relación de El corregidor y la molinera era muy simpática.

    “Tal es la historia del presente libro… ( empezó diciendo don Pedro Antonio) Conque “metámonos ya en harina”.
    Y El corregidor que estaba deseoso de hacer caso de tal consejo y rebozarse como una croqueta, en una harina de tal calidad como la que ofrecía aquel molino… Y… ¿ qué pasó después?, ya no recuerdo si logró quedar empanado.
    Volveré a leerla. La risa es una terapia muy importante.
    Gracias Román por tu artículo, besiños palmeiráns y perdona el chascarrillo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>