Sobre a morte do pai

matar paiFidel Vidal. Dáse por suposto que os pais queren aos fillos, e que os queren por un igual, do mesmo xeito que os fillos, en simetría, tamén a eles, e non saben que responder se lles preguntan: a quen queres máis, a papá ou a mamá? Unha idea, a da “igualdade”, aplicada polo cristianismo, desde a óptica divina, a todos os seres humanos. Pero resulta que non somos iguais, que existen diferenzas entre uns e outros. E de aí xorden a sorpresa e o conflito. Son precisamente esas diferenzas as que enriquecen o ser humano, son a mesma sustancia dos homes como diferentes.

”O exército e a igrexa”, apunta Freud, “repousan na mesma ilusión de que o xefe ama por igual a todos os individuos. Pero isto non é senón a transformación idealista das condicións da horda primitiva, na que todos os fillos sábense igualmente perseguidos polo pai, que lles inspira a todos o mesmo temor” (Psicoloxía das masas). Como mostra temos os Mandamentos que nos esixen “amar a Deus”, “honrar os pais”, como se se puidera amar por decreto e honrar sen máis a quen non é digno.

No caso de Edipo, non sería de xustiza contar cunha avaliación unicamente en termos de parricidio e incesto, de etiquetalo como parricida e incestuoso. A súa imaxe aparece como un asasino en potencia, e nada menos que do seu pai. Se alguén desexa a morte doutro -e a morte sempre chega-, este alguén será, é xa, un asasino. Ademais, por se iso non bastase, a morte da que falamos non é unha morte por encargo senón a mans do seu propio fillo. E se aínda non abondase co anterior, o crime vai estar vinculado a un asunto de faldras: conseguir a muller matando o rival.

matar 2Como se ve, a Edipo confúndese co asasino do ”pai primordial” (unha especie de macho alfa) da lenda freudiana (Totem e tabú) da “horda primitiva” a mans da “fratría” (necesitada de participar dos bens –e das femias- secuestrados polo pai). Salvando distancias, ecos deste relato soan n’Os irmáns Karamázov de Dostoievsky.  Estamos a falar cunhas palabras demasiado fortes: asasinato, vinganza, luxuria, un tema turbio onde os haxa. O asunto enmárcase aínda máis na sordidez abafante cando, no caso de Edipo, a muller resulta ser a propia nai. Ao asasinato engadimos o incesto. Velaquí o pecado primario en relación á prohibición universal do incesto. Esta prohibición pertence á lei humana da que se libran, naturalmente, os deuses e algúns dos seus representantes, como emperadores e reis.

A traxedia Edipo, Rei, de Sófocles, na que se basea Freud para as súas teorías ao respecto do “complexo”, é especialmente complicada. Esquécese do mito da “horda primitiva” e céntrase na obra do clásico grego. Mais non poderíamos entender o Edipo sen coñecer a súa vida, mesmo os seus antecedentes persoais. Se facemos caso a Freud, necesitamos regresar a Sófocles. Nel atoparemos as claves para un mellor coñecemento de tal embrollo.

Un comentario en “Sobre a morte do pai

  1. “Dáse por suposto que os pais queren aos fillos, e que os queren por un igual, do mesmo xeito que os fillos, en simetría tamén a eles …” Suposición muy lógica, Fidel, pero, efectivamente, esas diferencias que existen entre nosotros, generan esos conflictos. Conflictos que la mitología nos pone de manifiesto también además del complejo de Edipo, en el padre cruel que fue Urano ( macho alfa ) cuando Gea engendró a los cíclopes y a los hecatonquiros y creyendo que podrían sacarle poder los enterró en el Tártaro, en el abismo sin fin. También Crono engullía a sus hijos porque él, había castrado a su padre con una hoz y temía la venganza. Y , sin remontarnos a (esos tiempos en que el mundo todavía no era mundo porque carecía de todas sus partes) y ojeamos cualquier Diario, podemos ver cuántos Cronos, Uranos y Edipos existen entre nosotros. Pero como decía Jefferson : “Me gustan más los sueños del futuro que la historia del pasado” y añado: incluso que la historia mitológica.
    Biquiños moi humanos, querido Fidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *