Apocalipse xovialmente integrada (I)

alumnos-moviles-500Ignacio Castro Rey. Cando se achega o final de curso algúns profesores e pais chegamos en un estado de ánimo tan esgotado que xa non sabemos se volver casar, mercar un can, xubilarnos ou recorrer a unha forma discreta de suicidio. En resumo, o habitual trastorno bipolar do resto do ano transfór-mase en xuño en algo máis complexo, difícil de definir en tres -¿trastorno tripolar?- ou catro puntas estatísticas. Logo de soportar o curso enteiro a máis inimaxinable mutación anímica da mocidade –esa eterna xuventude que somos todos-, xunguida polo cemento do balbordo despótico, a pasividade e o maltrato discreto, é difícil esquivar a tentación de facer un balance. Máis difícil aínda se se intenta con certo sentido do humor que compense un cansazo nervioso. Ademais de esaxerado, o que segue pode parecer rancoroso. Pero non o é necesariamente. Para quen somos vitalistas, é necesario manter unha boa relación co sangue fresco da mocidade máis atrasada; coa súa xenerosa espontaneidade, a súa frustración nas marxes, o seu sentido do amor e do humor.

Pero hai novidades nesta psicopatoloxía media. Unha grande maioría dos xoves parecen estar cheos: cargados de ideas e estratexias, prexuízos cristalizados, desexos instantaneamente satisfeitos, conexións virais e modas compartidas. Algúns adultos, cando menos os que vivimos nunha “zona libre de reggaeton”, sentimos hoxe –e esta impresión tense prolongado do Bacharelato á Universidade- unha mestura mortífera de incultura e ideas fixas. desertoDe aí que os profesores teñamos a sensación de falar día tras día, por moita ironía que se empregue, literalmente eneldesierto. En honrosas  excepcións, diga un o que diga, o público mozo escoita en bucle, na xordeira de ensimesmado circuíto pechado. É case divertido comprobar o que se pode dicir en clase sen que ninguén atenda, sen que entendan case nada ou, mesmo peor, entendendo calquera outra cousa.

O resultado é que a época da comunicación total da palabra, en moitos escenarios, é recibida endiferido, a distancia –aínda que un estea a menos de dous metros- e con corenta filtros interpostos. A seguridade é así, exiliándonos en burbullas riseiras. Debe ter relación con esa famosa “crise da presenza” da que se ocupan algúns teóricos do presente. Seguro que o mundo sempre foi algo así, pero hai unha preocupante acentuación desta xordeira en rede na que os xoves conseguen a vangarda. Xordeira non só xuvenil, é certo, pero que quizais lles afecte especialmente a eles. Na fin de contas, dentro e fóra das aulas, a sociedade consénteos  coma se fosen o eixo do mundo. E é o que son; aínda que se laien, son o sangue de recambio do sistema.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *