O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá

agraXerardo AgraFoxo. A absorción progre-siva das terras de Noia por parte da Mitra provocou que os veciños tivesen que pagar numerosos impostos. Os que se abonaban relacionados coa guerra eran tres: Fonsado (obriga de presentarse armados cando fose necesario), fonsadeira (tributo que pagaban algunhas persoas que non podían ir á guerra) e anubda (obriga de reparar os castelos e fortalezas dos arcebispos). Para axudarlles aos señores a coidar as súas terras, que lles foran cedidas para controlar e colonizar o territorio, estableceuse a facendeira, polo cal o vasalo se comprometía a un día de axuda nas tarefas agrícolas.

Tres impostos indicaban o poderío do señorío sobre as persoas: goisa (tributo que se satisfacía cando a un súbdito lle nacía un fillo), ossa (pagábase con cabezas de gando cando casaba un fregués) e luctuosa (impúñase ao morrer un vasalo). Tamén existía a benefeyturía (cantidade a aboar pola protección que os veciños recibían dos señores de Santiago) e o yantar ou obriga de darlles alimento ao arcebispo e ao seu séquito cando visitaban a zona.

Para que non houbese dúbidas sobre o poder da Mitra sobre as terras baixo o seu dominio, houbo cinco tributos: Fumalga (canon que se pagaba pola casa e finca que se explotaban), mañería (as terras dos que morrían sen sucesión pasaban ao señor feudal), montazgo (tributo por coller leña nos montes do señorío), herbático (imposto por recoller herba e pastar nos campos da Igrexa xacobea) e portádego (gravame polo emprego de montes ou camiños públicos).

Amais do señorío que exercía a Mitra, a mesa arcebispal recibía unha boa parte das percepcións da Facenda Real e relacionadas co Portus Apostoli: as dezmas ou dézimas do mar era a taxa dun 10 % sobre as mercadorías que entraban e saían del; os dereitos de carga ou descarga dos xéneros nacionais consistían nunha peza ou parte da carga desprazada; os cambos ou cantidade de peixes que os mariñeiros pagaban de cada barco que traían ao peirao. Polo mesmo motivo conceptuábanse os quebrazos ou restos dos naufraxios na costa próxima.

No sistema impositivo dependente da Coroa estaban tamén os servizos (cantidade fixada e cobrada cun carácter extraordinario para financiar os exércitos), as alcavalas (gravame do 10% sobre os intercambios de todo tipo de bens comerciais e pagadas por todos os veciños, clérigos e fidalgos) e as dezmas de sal (relacionadas cos ingresos dos alfolís controlados polo fisco real para que se respectasen os prezos e o subministro).

Para administraren as súas propiedades, a Mitra escollía un mordomo (hominem archiepiscopi), nomeaba o xuíz, máxima autoridade dos prelados na vila, os xustizas ou alcaldes (que eran dous e saían dos seis representantes da burguesía ou cobrados) e outros funcionarios da administración.

Malia este control, a vila medrou mentres Compostela se transformaba grazas a cinco motivos: ser meta de peregrinos, actuar como cabeza do señorío máis importante de Galicia, ter un mercado a onde acudían os produtos da súa área de influencia, situarse como centro financeiro dados os seus cuantiosos recursos, e converterse o Apóstolo Santiago en Patroni nostri et totius orbis.

3 comentarios en “O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá

  1. Magdalena:
    É un auténtico pracer contar con lectoras tan amables e atentas coma ti.
    Mentres haxa quen nos lea, coido que este “café” nunca se esgotará!
    Apertas e Feliz Ano 2018.
    Xerardo

  2. Buenos días, Xerardo: antes de salir para hacer las compras quiero decirte que al leer ahora tu artículo me vino a la mente “las cuentas del Gran Capitán”. Cuando Gonzalo Fernández de Córdoba gobernó Nápoles en nombre de Fernando el Católico y este le pidió un inventario de gastos por las cuentas exorbitantes que manejaba el de Córdoba, se sintió humillado y le contestó entre otras lindezas : – ” Doscientos mil setecientos treinta y seis duros y nueve reales en frailes, monjas y pobres para que rogasen a Dios por la prosperidad de las armas españolas”, “Ciento setenta mil ducados en poner y renovar campanas destruidas en el uso continuo de repicar todos los días por nuestras victorias conseguidas sobre el enemigo” o “Cien millones por mi paciencia en escuchar ayer que el rey pedía cuentas al que le ha regalado un reino”.
    Los abusos de los mitrados, ( por lo que veo ) todavía eran peores que las cuentas del Gran Capitán. Con la Iglesia hemos topado, querido Xerardo. Mitrados y compañía, no iban ni siquiera de visita a la isla de Molokai como fue para quedarse en ella un sencillo hombre llamado Damián de Veuster.
    Felices fiestas y un nuevo año cargado de salud.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *