Pescadora

agustinAgustín Agra. Manolo dáme conta puntual da súa chegada. Xa está aquí, dime cada ano; vina neste sitio ou naquel outro. Dese xeito, faime partícipe cada temporada da súa presenza nalgún lugar da beiramar ou no foz dun dos nosos ríos. Este día decidinme a acompañalo nunha saída e constatar por min mesmo o avistamento. A tarde escollida, chuviñenta e anubrada, non prometía ren. Emporiso, ante as escasas perspectivas de éxito, recreamos o camiño coa vista do esquivo picapeixe, un minúsculo raio azul e verde apenas entrevisto cruzando lixeiro sobre a tona da auga; coa da garza real vestindo as orelas de elegancia e coa de varios exemplares de limícolas: biluricos, píllaras e pilros, corricando pola lama con desleixo. Porén, e malia o meu escepticismo, o premio da xornada acabou caendo:

Alí, alí! Non a ves? Uns ollos cunha miopía de case cinco dioptrías non son o instrumento máis axeitado para identificar unha rapaz a distancia; mais uns prismáticos cunha boa óptica resultan unha axuda inestimable se, asemade, a ave dá varias pasadas a curta distancia amosando o voo lento e o planeo característicos, as ás longas e angulosas, a plumaxe case branca agás as puntas negras. Cando decide pousar a súa figura maxestosa encol dun eucalipto seco e enxergamos a liña ocular negra a xeito de anteface, a identificación queda corroborada.

O seu nome non engana. A nosa visitante aliméntase de peixes que captura -espectáculo digno de ver- despois de guindarse contra eles dende o alto. Malia que este día non tivemos a sorte de contemplar como se mergullaba na auga coas poutas cara adiante, o meu compañeiro si gozou do privilexio en ocasións anteriores.

Descoñezo o lugar onde cría, de xeito habitual no bico dunha árbore de gran porte, nin tan sequera se o fai. Mais aínda que o soubese tampouco o diría: hai indiscrecións que matan. Non querería ser eu quen levantase a lebre. Recoñezo que unha alimaña desecada a carón do televisor viste moito o cuarto e que un bo trofeo resulta do máis aristocrático: unha forma de impresionar as visitas ben máis orixinal ca o vídeo da lúa de mel nunha praia tropical.

Esta entrada foi publicada en Agustín Agra, Ciencia. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Pescadora

  1. Magdalena di:

    Querido Agustín: Ante todo muchas gracias por tu aclaración a pesar de que me gustaría que me dijeras que la garza había volado esos trescientos metros porque echaba de menos mis ruidos guturales y mis gestos declarándole amistad. Todavía voy a dejar ese resquicio de duda poética puesto que los animales son muy inteligentes. Hace un par de años, debajo de una higuera que tenemos enfrente de casa apareció un gatito con un solo ojo, en el lugar del otro, la cuenca estaba vacía pero sana. Me imagino que por ese defecto no encontró dueño. Era muy huraño y allí debajo de la higuera se acomodó permanentemente. Como todos los días le llevo el sustento, nada más verme me saluda con un suave maullido. De arisco pasó a ser dócil y entrañable. Por las tardes cuando voy a dar mi habitual caminata me acompaña unos 150 metros hasta llegar a la bifurcación en la que decido que camino seguir; allí le digo que se vaya para su refugio y se marcha. La caminata que hago es de hora y media, y cuando vuelvo ya está merodeando por allí para acompañarme nuevamente a mi casa. Pienso que las aves también saben agradecer la amistad, pero tú eres el entendido, y si me dices que la garza no me visita porque no reconoce a la gente y que posiblemente no sea la misma… Aquí está escribiendo esta alma de cántaro que te desea un Feliz Ano 2018.
    Ahora tomo nota del hermoso poemario : Diario de Crosses Green.
    Has sido muy amable. Besiños palmeiráns, Agustín.

  2. Agustín Agra di:

    Benquerida Magdalena,
    Fáiseme do máis poético non só pensar que a garza sexa a mesma senón que poida recoñecerte. A primeira opción faiseme difícil, a segunda cando menos posible.
    Un amigo poeta que vive en Cork, na República de Irlanda, tamén fala coas garzas e con canta ave amosa o peteiro polas ribeiras do río Lee. froito desas conversas sacou un fermoso poemario que seguro che gustaría: Diario de Crosses Green. Unha garza ilustra a portada.
    Unha grande aperta e os meus mellores desexos, Magdalena.

  3. Magdalena di:

    Buenas tardes, Agustín; quiero contarte algo y me gustaría saber tu opinión: estuve unos años dando mi habitual paseo por el puerto de mi pueblo, ( siempre al anochecer ) y al lado de una gran piedra llamada “a Tixosa” todos los años al empezar el invierno una garza real buscaba cobijo en ella. A pesar de los comentarios que seguramente generaría en los que frecuentaban el paseo del puerto, yo, todas las noches le hablaba a la garza. Juraría que llegó a conocerme porque nada más verme levantaba su espléndido cuello y me seguía con la vista. Llegué incluso a llevarle algo de comida pero no conseguí que se acercara. Las circunstancias me obligaron a cambiar el itinerario. La gente con su buena fe me preguntaba por lo que yo quería sacar de la cabeza y dejé el mar por la montaña. Ahora, una garza acude a los campos que están al lado de mi casa con cierta frecuencia y yo continúo hablándole. ¿ Es posible que sea la misma ? y si la es, ¿ me conocerá? Ahora serán los vecinos los que me tachen de loca por hablar con un pájaro.
    Me ha encantado lo que has escrito.
    Besiños palmeiráns, y feliz año, Agustín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>