Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier

col_augier9Román Arén. Se en 1885, por mor da morte de Rosalía o poeta cubano Rafael María Mendive dedicaba unha elexía á poeta, en 1985 outro importante poeta cubano celebraba cun soneto o centenario rosaliano. O poeta é Ángel I. Augier, nacido en 1910 en Gibaro, ensaísta e xornalista de prestixio, membro do Partido Comunista de Cuba, mais tamén importante poeta en obras como Uno (1932), Canciones para tu historia (1941), Breve antología (1963), Isla en el tacto (1965). Biógrafo e estudoso de Nicolás Guillén, interesouse tamén por Juana Borrero, José M.ª de Heredia e Darío Cuba y Rubén Darío (1968). Entre os estudosos da obra de Augier destacan Salvador Bueno, Chacón y Calvo, Juan Marinello e Cintio Vitier.

Foi, como non, Neira Vilas quen reproduciu o soneto de Augier “A Rosalía de Castro (en su centenario)”:

Que voz la tuya, cuando ya callada/ aún por doquiera sin cesar resuena,/ y deja, rumorosa y queda, en cada/ corazón el rescoldo de tu pena./ Y que otra pena sin cesar clavada/ en tu canción de pedernal y arena:/ la pena de tu tierra, entrelazada/ a la del alma de saudades llena./ Y que profunda sensación de vida/ sentir ese clamor de tu desvelo/ como grito ancestral que no se olvida./ Viaja en mi sangre tu canción remota/ desde que la nostalgia de mi abuelo/ la exprimiera en mi pecho gota a gota.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *