Lecturas contra a anorexia

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. A lectura de textos feministas pode axudar a combater a anorexia». Así de rotundo é o título dun artigo que lin a semana pasada. A cousa podía quedar nunha simple frase sen necesidade de máis explicación ou tamén podemos tomala como unha desas frases ditas para provocar. De feito, o inconformismo co corpo de cada un, que lle afecta tanto a homes como a mulleres, pode cambiar tras unha lectura que nos faga ver como non todos os corpos son iguais e que as modas e os manequíns só son obxectos dirixidos a crear uns intereses comerciais, nos que tan doado é caer.

Á fin, a anorexia é un trastorno mental causado pola mesma sociedade. Coñezo tendas de roupa en que os vestiarios teñen espellos levemente convexos para que quen nel se mire se vexa máis esguízaro, o cal anima a mercar esa roupa que, sen eses vidros por medio, nin alisan a barriga nin nos alargan o metro setenta da media. Aínda estou por dicir que o tal bombardeo sobre a figura ideal é unha macabra idea das tendas do prêt-à-porter, para que sexan as persoas quen se adapten a unha roupa estandarizada, xa que é imposible facer prendas en cadea e á medida para cada un de nós.

¿Pero que ten un texto feminista que non teña outro tipo de texto? Pois simplemente a capacidade de concienciar do feito de que ser muller non é ser un obxecto, que cada corpo ten a súa feitura e a beleza non ten que seguir os canons dunha hipotética lei de medidas. Aínda que esa idea de moldear o corpo non se limita ao xénero feminino, non hai máis que entrar nun ximnasio para ver varóns de todas as idades esforzándose por ter a táboa da barriga como a dun deportista de vinte anos que adestra dez horas diarias.

anorexiaEse mesmo día da lectura do tal artigo cadroume cun amigo que ao paso dunha moza esguivia dixo como falando entre dentes: esa rapaza non está ben. A mesma frase implica unha referencia á saúde. Outros podían facer comentarios baseados neses canons con que nos acosan e tanto dano fan, sobre todo nas adolescentes, nesa idade tan vulnerable e perigosa.

O asunto dese artigo antes foi un estudio de dez semanas de duración con varias persoas que padecían deste trastorno, amosándolles lecturas, cadros, anuncios e ata películas de Disney para centrar o tema e axudarlles a entender como nos fan ver o corpo feminino e como se define a feminidade desde a cultura de masas. Tamén para facerlles comprender como tras recoñecer a raíz do problema se sentían menos culpables do seu trastorno e podían empezar a superalo, a ver nos mesmos compañeiros e compañeiras de terapia as caras pálidas e a debilidade xeral que antes non querían ver.

Conta a autora do artigo como foi, sobre todo, un libro escrito baixo a óptica feminista o que lle axudou a rexeitar esa idea equivocada da beleza pola que ela mesma padeceu eses trastornos que empezan por rexeitar as sobremesas e rematan indo ao baño tras cada bocado. Fíxolle ver, sobre todo, que o corpo da muller non é unha propiedade suxeita a determinadas medidas, que o feito de non ser delgada non era culpa dela e que a anorexia expúlsanos de quen realmente somos. Esa lectura demostroulle, á fin, que unha muller non é un obxecto de exposición, tomou conciencia da súa feminidade e puido saír dos seus desordes alimenticios e recuperar a saúde.

Un comentario en “Lecturas contra a anorexia

  1. Querido Francisco; cuando mi hija tenía once años, tuvo que estar ingresada unos días en el hospital de Santiago. En la misma habitación había otra niña más o menos de su misma edad. Mi hija iba a pasar por una operación, tenían que extirparle un ovario. Los órganos de Sara( la otra muchacha) estaban en perfectas condiciones pero, padecía anorexia.
    Aquellos días en el hospital me acordé de unos versos de Calderón de la Barca, que eran así: ” Cuentan de un sabio que un día/tan pobre y mísero estaba,/que sólo se sustentaba/de las hierbas que cogía./ ¿ Habrá otro, entre sí decía,/más pobre y triste que yo?/y cuando el rostro volvió/halló la respuesta, viendo/ que otro sabio iba cogiendo/las hierbas que él arrojó.” Pues comprendí que otros lo pasaban peor. Aquella chiquilla y sus padres estaban sufriendo lo indecible. Era conmovedor ver aquél cuadro , y no quiero entrar en detalles porque era todo muy desagradable.
    No sé que habrá sido de Sara, espero que le haya ido bien, a ella y a sus padres.
    Mi enhorabuena a las feministas por ayudar a tanta gente que padece ese trastorno alimenticio. El que quiere hacer el bien de los demás ha hecho ya el suyo.
    Besiños, Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *