Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII)

707Fidel Vidal. Sexa como for, poñamos que Quentin Meillasoux estea no certo, ou non, que (quizais) o número sexa o 7, o 707. Sumados 7+0+7 dá 14; 1+4 =5; 5-4-1=0. O cero inventouse na India, sifra, que significa baleira, e de aí o termo cifra. O cero (0) vén ser o significante do lugar baleiro, conxunto baleiro. Aquí, neste oco, xa non tocamos terra, aparece o abismo (SOIT que l’Abîme), a profundidade, onde reside a certeza dunha verdade afundida (o barco naufragado). Malia as relacións que poidan evocar, a elección entre o escrito e as súas resonancias é un imposible, porque, en suma, o problema é falso, que de todos modos nada tivo lugar agás o lugar (Lyotard, p. 78): “rien n’aura eu lieu que le lieu [nada ha ter lugar, só o lugar]” (p. X).

IX. O número borrado.

Estamos a falar dun número embarrado, do innominable, do que pode producir horror. Todo o misterio está aí, escribe Mallarmé nos Fragmentos (p. 113), en establecer as identidades secretas a pares, nun “de dous en dous, que roe e desgasta en nome dunha central pureza”. Nós xogamos coa vantaxe de coñecer o número descuberto por Meillassoux, mais non sabemos dos seus pares. Porque estamos a falar non dun único número senón dese outro insoportable polo que está cuberto, como tapan as nubes de Aristófanes, “nubes de ouro que literalmente tapan, esconden toda unha parte dos dramas que se desenvolven nos lugares, lugares que son cousas que se desenvolven noutro sentido”(Lacan, Coma o discurso do analista que tampouco se declara no semblant, Seminario, 1971). Disto, do díxito tachado, é do que nos imos ocupar deseguido.

Le Nombre, O Número (como cantidade ou como cifra?, pregunto), di Meillassoux, “é o que precisamente enuncia un dos segmentos do poema que parece proferido polo Maître antes de afundir: “Si / c’était le Nombre / ce serait / le Hasard” [Se / ese era o Número / ese sería / o Azar, pp. VIII-IX]. eNon o hai que entender como se fai habitualmente: incluso se o Número advén, tamén será un resultado irrisorio do Azar. Senón: se o Número advén realmente, daquela ha ser nada menos que idéntico ao Azar -porque só o Azar “ne peut pas être un autre” [non pode ser outro]”,(Q.M., p.77), quer dicir, o Infinito. Ou non, (se “non pode ser”, “outro” será). LE HASARD contén 8 letras: velaí o número, “ese sería o número”, mais tombado en forma de infinito: ∞ (O Azar). As mesmas que LE NOMBRE. Ou 7 letras se facemos caso a Mallarme cando fala do E mudo como un comodín, para mediar nunha mellor o verso: LE NOMBR(E).

[O NÚMERO / existise,/ comezase e cesase (…) cal rareza SE CIFRASE,/ evidencia da suma, por pouco que unha/ ILUMINASE/ O AZAR]. Nesta páxina (p. IX na edición, a 17 do manuscrito) están os elementos suficientes para comprobar que hai un número, mais un número tachado a lapis de cor marrón: a chiffre innominábel. Unha especie de fantasma [así como a pantasma dun xesto/titubeará/ encallará / tolemia, p. IV] que se deixa ver e non ver, que está e non está. En que lugar da páxina se atopa? No ángulo superior externo, o “espazo vacante e superior” (Mallarmé). Se ese era o Número, ou non, comezase ecesase, quer dicir, afogase nada máis asomar a testa, unha rareza digna de mención mais non de concreción evidente. Porque talvez non será nin cifra nin número real, senón unha idea: o infinito expresado polo símbolo do 8 deitado (∞).

2 comentarios en “Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VII)

  1. OUSO PISAR O MAR, AMOR, ASÍ POSÚO.
    E TI, ONAN, NA NOITE.
    Apertas e boa saúde. E non tardes en nos facer tan produtiva compañía, miña atenta Magdalena.

  2. Querido Fidel; después de dormir muy poco y por añadidura con la resaca de una copa de champán a la cual no estoy acostumbrada, soy incapaz de contestar a tus siempre magníficos pero muy elaborados textos porque mi embotada mente no es para nada comparable a la tuya ni a la del matemático Bernoulli, del cual para salir del paso te voy a contar una anécdota. En este matemático había despertado una gran admiración por la curva espiral por la que fue particularmente seducido y a la que dedicó años de estudio. Su atracción fue tal que llegó a pedir que se grabara una espiral en su tumba con el lema “Aunque transformado, resurjo siempre igual”. Sin embargo, pese a las rigurosas disposiciones del matemático, la casualidad quiso que el grabador de la lápida no esculpiera una espiral logarítmica, sino otra serie de arcos, a los que no se puede adjudicar la aseveración.
    Jacob Bernoulli debió de retorcerse en su tumba.
    Feliz año. Besiños palmeiráns. Me despido de todos los barbantianos por unos días.
    Descansad un poquito sin mí.
    ALLÍ VES SEVILLA. ¿ Te gusta este palíndromo, Fidel ? pues allá voy.
    Chao, chao.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *