Crime e suicidio

9788482881256-es-300Fidel Vidal. Unha vez mortos os seus pais, tamén falecen Edipo e Hamlet: Edipo faino simbolicamente, castrándose mediante a cegueira –perda de ser, morte psicolóxica, para non ver nunca máis-, e Hamlet falece dunha ferida envelenada. No caso do Don Hamlet de Cunqueiro, trátase dunha morte por decisión propia, aforcándose. A nai é o lugar da demanda de amor e dá valor a todo canto se relaciona con ela. Non hai cousa ningunha que non estea ligado á súa figura. Pola contra, o rei, se non vén da man da nai, apenas se é un obxecto, unha nimiedade, algo ben cativo, unha insignificancia.

HAMLET.- O rei é unha cousa (The king is a thing) (Unha cousa de nada, Of nothing).

Tamén o falo é unha cousa de nada, case in-significante mais unha insignificancia que marca a diferenza, o desexo como desexo do Outro. A traxedia de Hamlet é a traxedia do desexo. E trata da pena, do pesar e o dó. Do escándalo que supón a voda “demasiado precipitada”, da súa nai, levada a cabo por razóns, ou valores, de cambio e uso.

HAMLET: Economía, Horacio, economía! Os manxares cocidos para o banquete de dó serviron de friames na mesa nupcial! (Acto primeiro, Escena II)

Tanto en Hamlet como en Edipo hai un crime. Até certo punto todos os dós que suceden en cascada son consecuencias do crime inicial. Niso Hamlet é un drama que pode equiparase ao Edipo. “A tradición analítica recoñece a trama esencial da relación do suxeito coa que nós chamamos o Outro, a saber, o lugar onde se inscribe a lei” (Lacan). Edipo non sabe o que fai. En Hamlet o crime é o efecto dunha traizón. Desenrólase “a partir dunha denuncia do crime, do crime revelado, confiado ao suxeito”. Do crime entre irmáns.

hqdefaultA palabra e a acción son o fundamento do teatro clásico. Mesmo a palabra da fantasía, dos seres imaxinados polo autor ou aceptados por tradición. Edipo: o Oráculo, a Esfinxe, onde a palabra faise fundamental para crer nela, coma no caso do Oráculo, ou para gañar unha batalla intelectual mediante o uso da razón e da imaxinación. En Hamlet o primeiro que aceptamos é unha pantasma, un espectro como elemento básico para o desenvolvemento da trama. O espectro como revelación. E non o dun calquera senón o espectro do Pai, purgando os seus pecados cara a salvación eterna, á espera da vinganza da man do seu fillo.

Álvaro Cunqueiro non cre na vinganza; e é por iso que o seu Don Hamlet se suicida.

HAMLET (A Poloño).- (…) Dende hoxe o vento pode entrar nas estancias de Elsinor. El Rei Hamlet non ten medo ó vento que oubea fóra. Dille a Ofelia que digo Ofelia ó morrer ¡Fan agora tan ásperos espartos! (Despois de pór ó pescozo o lazo, déixase caír do outro lado) (Don Hamlet, Xornada Terceira, Escena IX)

3 comentarios en “Crime e suicidio

  1. Querido Fidel; bien sabes que si me quitan de las anécdotas personales y ajenas no escribo ni dos líneas, y hoy con la mente embotada y la nariz tapada tal vez debido a la humedad recibida en mis largos paseos, tu artículo, Crime e suicidio, todavía se me hace más cuesta arriba de contestar. Pero, con la ayuda de nuestro compañero Ignacio Castro, que en su libro Ética del desorden, dice cosas preciosas relacionadas con la muerte, a ver si consigo contestarte algo sobre esa muerte psicológica de Edipo. Léelo, entiéndelo, como una cortesía hacia tí, aunque tal vez la relación diste de ser la adecuada.
    “Al morir, desde el punto de vista de los otros, el hombre deja de ser sujeto del pensamiento para ser objeto”. Edipo, ¿consiguió ser objeto u objetivo con su ceguera? creo que sí. “La muerte sólo tiene sentido mientras la vida sigue” … “La muerte es la cercanía de una ausencia, un no-ser que pertenece al mundo” (precioso, ¿verdad?). Don Álvaro Cunqueiro tal vez buscó la cercanía de esa ausencia con el suicidio para dejar de lado la venganza.
    Y ya que calificas la tragedia de Hamlet como la tragedia del deseo, me corresponde enviarte un palíndromo a la medida de esa insignificancia que marca la diferencia: –
    OLAF, USA SU FALO.
    Un besazo para todos, en especial para tí, Fidel.

    1. Aínda embotada e co nariz tapado dá gusto, miña atenta Magdalena, ler os teus comentarios. Non sei se a morte, como a vida mesma, teñen ou non sentido. Pero aquí andamos pasando o tempo coas nosas teimas e reflexións, sen lle facer dano a ninguén, penso eu. Encol do suicidio do Incerto Señor Don Hamlet de Cunqueiro, talvez fose por iso que ti dis que o levou a cabo, para deixar de lado a vinganza. Mais non esquezamos certas teorías psicolóxicas que describen o suicidio coma o reverso dun homicidio: “Mátome eu por no matar a outro”. Velaí a (túa) miña estampa de aforcado: Un suxeito suxeitado coma un obxecto pendurando dunha corda.
      OLAF USA SU FALO, “NA MAN”.
      Outro besazo e saúde para todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *