Nacho C. Beiro. Tamén pintor

nachoEme Cartea. Se a arte actual nace nas vangardas de hai un século, certo é que se vai afianzar nas duras e tráxicas secuelas da Segunda Guerra Mundial e nese clima de frustración existencial e estupor social no que a creación artística ofrecerá unha das poucas saídas posibles a tamaña crise existencial. Unha arte que co tempo se fai produto híbrido, ecléctico e sintético, xa lonxe das utopías experimentais anteriores, así como da representación da realidade, aparentemente esgotada, que nos vén do Renacemento.

Nacho C. Beiro, un artista actual e polivalente (pintor, gravador, ilustrador, muralista, profesor de pintura e gravado) participa das distintas abstraccións -lírica, matérica, xestual, tachista- que en pleno posmodernismo van rexeitar, con maior ou menor insistencia, a figuración, a harmonía tonal e os equilibrios compositivos, como tributo á integral liberdade do artista, disposto a expresar tanto estadios de pura conciencia coma da súa inconsciencia, nun xogo cromático e visual ilimitado.

Linguaxe visual

A arte abstracta non xustifica a necesidade da representación. En consecuencia, C. Beiro utiliza unha linguaxe visual autónoma, adozada de universos significativos eficaces e propios. Un discurso persoal de formas, estruturas, liñas e cor; un idioma tallado en composicións, pinceladas, texturas e mais harmonías de cor a fin de crear territorios exentos onde calquera parecido coa realidade é mero artificio.

Este vehemente noiés segue a agrandar unha traxectoria rica e gozosa como creador. Sabe que a maior parte do potencial expresivo da arte actual non deriva dunha hipotética figuración, máis ou menos realista, senón da forza que emana da forma e da cor. As súas figuracións informais exaltan a expresividade da composición: unha actuación liberada de todo compromiso que non sexa o supremo valor da creación. Forma si, pero forma abstraída -talvez nalgún caso inconsciente e improvisada- onde o único que deixa ver son as xeografías emocionais, intelectuais e intuitivas: a xenuína expresión da emoción sen a razón e as súas restrinxencias.

Todo artista busca a transcendencia: morrer e facerse inmortal. Porén, só a calidade da obra posúe a chave do tempo. Nese ancho vogar e procurar, Nacho C. Beiro practica lances de estilo persoal, nunca unitario. Coñece ben os embates neoexpresionistas da arte alemá, de agresiva técnica, pincelada áxil e gamas polícromas largas e contrastadas. Neste cadro son visibles os trazos marcados, o efecto all over e os empastados, propios dunha abstracción sensual e expresiva de melodía atonal, nun xogo cromático, densamente acentuado, de cores primarias e secundarias, o que non desbota certa violencia xestual, dureza parcial e énfase do proceso.

Formas en si á procura do estético goce común á arte. Pura materialidade do lenzo. Manchas de cor e automatismo surrealista. A pintura ensimesmada, gurgullo dos insondables abismos interiores. O misterio que nos fala. A angustia. Caladamente.

3 comentarios en “Nacho C. Beiro. Tamén pintor

  1. Ayer, después de leer unos capítulos del gran libro de Antón, fui a apagar el ordenador como cada noche, y como siempre, antes de cerrarlo quise repasar las últimas entradas. Después de releerlas miré los comentarios recientes para ver si había alguna novedad, (esperaba la entrada de Mari Carmen) y vi un nombre en azul : Eme Cartea. Mis labios dibujaron un cuarto menguante ¿ o creciente ? no estoy segura, pero sí, fue el arco de una sonrisa. No contaba con su contestación y mucho menos con esas palabras tan amables y cariñosas. Me he sentido muy alagada al saber que me consideran parte de la familia barbantiana. Para mí, es un honor recibir esa bienvenida tan afectiva. Muchas gracias, Cartea, mil gracias.
    Los legos en el arte, leyendo sus comentarios gozamos imaginándolo. Refleja tan bien lo que quiere expresar que el arte ya está presente. Yo también voy a citar al padre de don Alonso Quijada: “La pluma es la lengua del alma”. Con un maestro así, el arte sería fácil de entender.
    Saludos palmeiráns muy agradecidos.

  2. Querida Magdalena: É para min unha honra ver o teu comentario sobre a miña achega ao mundo da arte, da pintura. Un mundo nunca unidireccional e sempre suxeito á polivalencia e interpretación do lector / espectador, como non podía ser doutro xeito. E, de aí, a súa importancia.
    Dende antigo é normal emparentar a pintura coa poesía (“ut pictura poesis”, que dicían os latinos) por ser ambas as dúas linguaxes con características propias, “elevadas”, carentes de mensaxe ou con mensaxe atenuada, oculta, escura, rebuscada…
    Ás veces custa moito captar o sentido dun cadro ou dun poema. Pero isto é normal inda para expertos na materia. Con todo, amiga Magdalena, non debemos preocuparnos: tampouco entendemos (a maioría) a música e non por iso deixamos de gozala: só hai que deixarse abrazar, abrirse á emoción do momento, ás varias sensacións que en nós provoca. Entendela “intelectualmente” é bo; pero xamais imprescindible.
    Por outra parte, hai quen sostén que a arte non se explica, e se se fai, non é máis ca unha mestura do que vemos e do que sentimos: unha “crítica subxectiva”. O mesmo Ortega y Gasset dicía que a poesía enténdese pero non se explica: porque suporía utilizar unha linguaxe “prosaica”, de “andar pola casa” para desentrañar os misterios dunha linguaxe poética, que se sitúa noutro nivel de utilización e de comprensión.
    En fin, Magdalena. que “coa arte topamos”, que diría o Quixote. Un mundo fascinante, cheo de misterio, de paixón, de interese, de beleza, que pide formación pero tamén curiosidade, sensibilidade, predisposición, abertura de mente e de corazón. E se a formación se pode adquirir (e mesmo se debe), as outras características xa non son tan accesibles a todo o mundo. E ti tes a sorte de posuílas por natureza.
    Admiro a túa atenta e amable predisposición con Café Barbantia. O teu labor é encomiable. Sentímoste xa parte desta gran familia de amigos e amigas que traballamos arreo polo cultura. A túa opinión conta. Benvida sexas ao grupo!

  3. Estimado señor Cartea:
    Desconozco cual es el efecto “all over” mi desconocimiento cultural es holgado pero, en contrapartida diré que sé diferenciar a un buen escribidor. Creo que es la primera vez que me dirijo a usted por este medio, ( personalmente lo hemos hecho en la presentación del libro de Antón, en Boiro) y a pesar de que nunca le contesto, quiero decirle que leo siempre sus distanciadas entradas y que lo hago con mucho interés.
    Me quedo con ese arte, no solo en el lienzo que usted destaca, sino, con ese brote insondable del abismo interior de su palabra escrita, que es el hermoso misterio en su forma de expresar esa palabra.
    Saludos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *