Johnny Cash renaceu no 1968

R-1287354-1345000987-6660.jpegGonzalo Trasbach. Algúns pensan e afirman que a eclosión da década de 1960 tivo lugar en 1968, e, polo tanto, foi o ano en que se produciron os mellores discos daquela época. Pode que así sexa. Na fin de contas, o malestar que latexaba debaixo da costra suntuosa do hipismo e o hedonismo reinantes no mudo occidental emerxeu e saltou ao primeiro plano pola guerra de Vietnam, pero acadou o seu cumio no chamado Maio do 68, coa irrupción dun movemento que fixo tremer os alicerces da República francesa, e conmocionou a case toda Europa (non nos esquezamos da Primavera de Praga). Logo veu a deriva: crimes, asasinatos, violencia, drogas a todos os niveis, a morte da espírito de toda unha época. Unha gran resaca que o levou todo mar adentro…

Fose como fose, despois de glosar algúns dos mellores discos de 1967, non está de máis lembrar os que mellor soportaron o paso do tempo do ano seguinte, do cal podemos xa lembrar unha canción mítica: Dock Of The Bay, un tema do disco póstumo de Otis Redding (1941-1967), morto nun accidente de avioneta cando só peiteaba 26 abrís. Pero naquela data de hai agora medio século ademais de que se publicaron discos monumentais, tamén se rexistraron debuts inesquecibles. Neste senso, é de nomear a aparición na escena de Van Morrison: “Astral Weeks” é talvez a xoia da coroa da súa grandiosa discografía.

hqdefaultOutra estrea cegadora foi a de Leonard Cohen, o poeta e escritor de Montreal, falecido en novembro do 2016, presentouse co fabuloso “Songs Of Leonard Cohen”, disco que aínda que se corou o 27 de decembro do 1967, entre nós non se editou ata o 68. Daquela memorable camada son tamén “Boogie With Canned Heat” (Canned Heat), “The Album White” dos Beatles, “Beggar’s Banquet” dos Rolling, “Waiting For The Sun” (Doors), “Electric LadyLand” (Hendrix), “We’re Only In It For The Money” (Fank Zappa), “Wheels Of Fire” (Cream), Supper Session” (Mike Bloomfield & Al Cooper + Stephen Stills), todo unha icona da época que aínda conserva intacta toda a súa beleza, “Blues From Laurel Canyom” (John Mayall) e moitos máis…

Tamén resultou a campaña do 68 moi lustrosa para as mulleres. Nun mundo sonoro dominado principalmente pola sección masculina, coparon un lugar destacado os discos da inglesa Dusty Springfield, Joni Mitchell, Nancy Sinatra, Joan Baez, Diana Ross e unha Janis Joplin que gravou xemas coma esta: “Piece Of Heart”. Nese mesmo ano tamén se estreou “Lady Soul”, de Aretha Franklin.

Como temos a pequena aspiración de chegar a glosar un pouco algúns dos mencionados. Lembramos que aquela tamén marabillosa colleita arrancou un 13 de xaneiro do 68 con “At Folsom Prision”. Aquel día, na megacafetería do cárcere de Folsom (California), Johnny Cash gravou un show sen precedentes na historia da música. prisionDiante de dous mil presos despregou as coordenadas sobre as que edificaría a súa traxectoria: a forza do rock, a fondura do blues, a amizade pragmática co folk e unha relación tradicional co country. Logo de tres anos como adicto ás anfetas, e cun bo lote de arrestos no seu expediente, Johnny Cash reencontrouse coa senda do éxito. A saída cara á súa triunfante etapa ten lugar precisamente diante de dous mil prisioneiros, ante os que non só acadou facelos rir mediante as súas chiscadelas humorísticas, senón que ademais foi quen de emocionalos e de emocionarse durante algo máis dunha hora. Este traballo, que en 1999 coñeceu unha edición remasterizada, é como un anticipo do fenomenal “At San Quentin” (1969).

5 comentarios en “Johnny Cash renaceu no 1968

  1. Sí, querido Gonzalo, claro que se ve lo que te gusta la música, y no solamente eso, se nota que la vives y que es un tema que dominas al cien por cien. Ojalá supiese yo un poquito más para que mis comentarios quedasen más completos pero…
    De todas maneras disfruto de tu fluida prosa y me encanta leerte.
    Besiños palmeiráns.

  2. Querido Gonzalo:
    Me encanta lo que escribes y el sentimiento que le pones. Si algo siento en el alma es que esa etapa -musicalmente hablando- sea para mí la gran desconocida. Al tipo de música de la que haces tan estupendos y sentidos elogios -al menos cuando tienes cierta edad- se suele llegar a través de los hijos y los míos en esa época cantaban “El patio de mi casa”.
    Sin embargo tus artículos despertaron mi curiosidad y rebuscando entre los longplais descubrí que tengo más de los que creía de los cantantes que mencionas.
    Hoy le tocó a Aretha Frankling (“Harlem Español”, por la cara A y “Puente sobre aguas turbulentas, por la B). A Leonard Cohen y Joan Baez los escucho con frecuencia. Pero sí son míos, no de mis hijos. De éstos conservo algo de los Rolligs, Beatles, Pink Floyd, Bruce Springsteen y… me voy a la cama porque me ha liado un nieto adolescente para que le busque fotos de su padre cuando tenía su edad (me pregunto para qué las querrá) y, como soy bastante desorganizada, se me ha hecho tardísimo. Pero estoy disfrutando de lo lindo recordando tiempos.
    Un abrazo grande y otro todavía más grandote para Magdalena.

    1. Buenos días Carmen. Me alegra saber que, además de a Magdalena, también te resultan informativos mis artículos. Y digo informativos, porque esa es mi intención, dar a conocer, divulgar lo poco que conozco y lo que me ha gustado y aún me gusta y que llegó hasta mi casi sin querer. Y esto me pasa con otras cosas. Gracias por tus animosas palabras.

  3. Buenos días, querido Gonzalo; ayer leí tu estupendo artículo desde el móvil. Fuerzas mayores me impidieron entrar en el ordenador pero, hoy aquí me tienes dispuesta a escribirte unas líneas.
    Por la noche estuvieron aquí en casa mi hija y su marido José Manuel ( un nombre muy recurrente en la familia) y le dije que encendiese el ordenador y leyese el último artículo de Barbantia. Así lo hizo y me dijo que a ella de Johnny Cash le gustaban especialmente los discos que sacó de la serie “American Recordings” producidos por Rick Rubin. Así te lo transmito, adjunto con los cariñosos saludos que te manda y la enhorabuena por tu gran cultura musical.
    Sobre las mujeres que nombras, guardo un grato recuerdo de Joan Baez, que si la memoria no me falla fue pareja durante años del gran Bob Dylan. La recuerdo siempre con su guitarra y su bella voz. Nancy Sinatra me gustaba especialmente en la que cantaba con su padre, la preciosa canción, MY WAY. Dicen que su padre le pedía tanta perfección a su hija, que ella llegó a odiarle por su exigencia. Y quién no se acuerda de la gran Aretha Franklin. Y desde estas líneas un recuerdo también para Leonard Cohen con su bronca y al mismo tiempo aterciopelada voz.
    Un placer leerte, amigo Gonzalo.
    Besiños palmeiráns .

    1. O pracer é meu, aprezada amiga, por ser tan xenerosa conmigo. Dálle as gracias da miña parte a túa valerosa filla Antía. Apertas e moito ánimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *