Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador

O_voar_da_bolboreta_azulPastor Rodríguez. Natural de Taragoña e técnico cultural no seu municipio natal, Fernando Lavandeira é, sobre todo, un poeta, aínda que cultive outros xéneros como a narrativa. Estudante de bacharelato en Pontevedra, fixo logo estudos de Antropoloxía social, didáctica ocupacional e educación social. Deuse a coñecer como poeta con Mar que evita o meu regreso (2000), obra á que seguiron Tempo é de que saiban (2006) e Poemas (2007), unha antoloxía trilingüe da súa poesía editada pola Depaul University de Chicago, dividida en dúas partes: Supoñamos e Como se o tempo fora, unha poesía conceptual de gran contención e pureza expresiva. O seu amor pola poesía maniféstase tamén nas traducións e, así, en 2008 publicou, en colaboración con Loreto Riveiro, “Catro voces femininas da poesía norteamericana actual” no anuario Barbantia, no que tamén publicaron en 2011 “O voar da bolboreta azul” de Richard Berengarten, que xa completo editan en 2015 na editorial Espiral Maior. Nalgúns volumes colectivos apareceron outros poemas seus, entre eles Voces na materia de 2006. Xa como narrador, colaborou co relato “Garrido” no colectivo Voces na guerra (2006) e cun conto infantil en A cor dos soños (2007); premiado no Pedrón de Ouro polo seu relato “O camiño dos pradairos”, este publicouse no ano 2012. Membro da asociación cultural Barbantia, ten colaborado con entrevistas e recensións neste suplemento de A Voz de Barbantia.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Narrativa, Pastor Rodríguez, Poesía. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador

  1. Magdalena di:

    El relato, “Garrido” de Fernando R. Lavandeira, lo he leído hará un par de meses. Es corto pero muy intenso. El personaje del interrogador tratando de sacar algo del interior del interrogado, hijo de un caído de guerra laureado, y el otro personaje “o home alto”, hacen que el lector esté a la expectativa de los acontecimientos. Su imprevisible final con mechero incluido, me satisfizo.
    Saludos, Pastor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>