Homes falando

homes falandoCarlos Mosteiro. O lume, amigo que quenta as duras noites de inverno, está ás súas costas, dialogando amorosamente coa gramalleira. Eles parecen ignoralo, desenténdense, porque saben que está aí, que seguirá estando aí, inda que non o miren, inda que o ignoren. Ben saben que é un protagonista esencial na escena, un personaxe máis, e non precisamente secundario. Sen el, sen o lume, todo sería ben diferente, non habería esa caloriña que empurra á confidencia. Ese lume é en realidade o desencadeante, o que precipita a memoria. As miradas dos homes, oblicuas e riseiras, atópanse nun punto, non no punto de fuga, senón noutro ben diferente, no punto de encontro. Non vedes esa ledicia na expresión dos dous, ese gozo da lembranza? É o efecto benfeitor, terapéutico, do contacto humano, da calor humana. Aí está todo, o paso do tempo, a biografía que precisa ser transmitida, revelada. A oralidade faise daquela comunicación; non, máis aínda, faise transmisión, antropoloxía. Asistimos á celebración do contacto das almas, da alma humana, da alma das cousas, da palabra, o dicir primixenio recibido da memoria xenética. Por suposto que hai unha promesa de repetición, de reprodución e volta ao principio. O que é e sempre será, o que permanece, a tradición O pobo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *