Hamlet: loucura ou ficción?

hamletBWFidel Vidal. A suposta loucura de Hamlet é unha simulación ou toleou verdadeiramente? De ser así, por que toleou Hamlet? Que trazos amosa para podermos elaborar esa diagnose? Ou trátase, como a totalidade da obra, dunha farsa? Dentro das posibles causas que puideron orixinar a loucura de Hamlet apuntamos as seguintes:

1. A morte do pai. Un trauma non só pola morte en si do seu pai senón polas circunstancias (con engadidos criminais e sexuais) que rodean esa morte. E como resultado: unha depresión melancólica con ideas autodestrutivas?

REI: (…) A transformación operada en Hamlet; chámoa así toda vez que nin no externo nin no interno se parece ao de antes. Non imaxino que cousa pode ser, senón a morte do seu pai, o que conturbou de tal modo o seu entendemento. (Acto Segundo, Escena II)

2. Un mal de amores por un amor non correspondido. Unha loucura de amor por culpa de Ofelia?

POLONIO:  (…) e el, véndose desdeñado, caeu na melancolía, logo na inapetencia, de aí ao insomnio, despois no abatemento, máis tarde no delirio e, por esta fatal pendente, na loucura que agora o fai desvariar e que todos lamentamos. (Acto Segundo, Escena II)

3. Para Hamlet a tolemia non é tal tolemia senón unha farsa dentro doutra farsa. Unha farsa enclavada no escenario dunha obra de teatro na que se vai representar outra especialmente escrita para dar coa confesión dun crime na realidade doutra obra: a realidade do Hamlet de Shakespeare.

hamlet4. Todo é mentira. Non existe a loucura senón unha grotesca simulación. Simular a tolemia, facerse pasar por tolo, non como unha farsa senón como unha actuación defensiva de exculpación. Esta é unha das dimensións daquilo que, en palabras de Lacan, se podería chamar “a política do heroe moderno”.

Non perdamos de vista que a historia de Hamlet é tamén a historia dun príncipe-pallaso, un que se fai o tolo, que causa unha masacre como se nada, pero que non pode matar a quen debe matar por dereito e por deber. “Hamlet, en certo sentido, debe ser considerado ao nivel dos pallasos. O feito de que Hamlet sexa un personaxe máis ansioso ca outros non nos debe ocultar que a súa traxedia é a que leva a este tolo, este facedor de palabras, ao nivel de cero. Sen esta dimensión, grande parte da obra desaparece, como alguén o ten subliñado”. (Lacan, As leccións sobre Hamlet, Freudiana, 1991)

3 comentarios en “Hamlet: loucura ou ficción?

  1. Cuantas sabéis amar a un amigo,
    venid conmigo al mar de Vigo.
    ¡ Y nos bañaremos en las olas!
    Cuantas sabéis de amor amado,
    venid conmigo al mar agitado.
    ¡ Y nos bañaremos en las olas !
    Venid conmigo al mar de Vigo
    y veremos a mi amigo.
    ¡ Y nos bañaremos en las olas !
    Venid conmigo al mar agitado
    y veremos a mi amado.

    Es verdad que duele. Entorno mejor que el del Museo del Mar de Vigo, las “siete cantigas de amigo” de Martín Códax, no lo encontrarán jamás.
    Gracias por ser como eres, Fidel.
    Boas noites.

  2. Querido Fidel: por fin he encontrado un momentito para leerte y ahora, para poder contestar a tu bien hilado texto . Bueno, eso de contestarte… sería más adecuado decir simplemente que me pongo en contacto contigo por este medio, para que veas que no te soy infiel y que te leo siempre con mucho interés.
    Ayer fuimos a Vigo al Museo do Mar de Galicia para ver el Pergamiño Vindel. Para el mes de marzo tienen que devolverlo al Museo de Nueva York y no quise dejar pasar la ocasión. Después también fuimos al museo de Pontevedra, es una gozada estar en aquellas salas llenar de arte y ver de cerca la obra de nuestro Castelao. Fue un día redondo, por eso te abandoné, pero, aquí estoy.
    “Non existe a loucura senón unha grotesca simulación” “Simular a tolemia, facerse pasar por tolo”. ¿ Era un payaso Hamlet ? No tengo ni idea, Fidel, pero si tú lo dices, que eres el experto… Yo he conocido a alguno casi tan tonto como Abundio, o como Pichote o Perico de los Palotes, aunque estos dos últimos quisieron aspirar a competir con el primero, Abundio, creo que era el paradigma de la estupidez. Contaban de él, que un día fue a vendimiar y llevó uvas de postre. Y hay otra versión más jocosa (se la oí un día en la radio a Pancracio Celdrán ) que el tal Abundio “pretendió regar el cortijo con el solo chorrillo de la verga”. Hay quien dice que el tal personaje era san Abundio, mártir cordobés del siglo XI que confesó voluntariamente ante el cadí su fe cristiana y la falsedad del Corán, y fue decapitado.
    El otro día en uno de mis paseos, sentados en una pequeña terraza vi a un matrimonio con su hijo. El muchachote tiró de una patada un tiesto de flores, y el padre con un fuerte grito le dijo: ” ¡Hijo de MALA MADRE, por poco rompes el cristal !” y la madre del muchachote lo calmó diciéndole: – “No te metas con el muchacho”. Ella creo que se llamaba Abundia.
    Y después de toda esta “tolemia” un palíndromo hecho a la medida: –
    A LO LOCO LO COLOCÓ LOLA.
    Saudiña e moito equilibrio, querido Fidel.

    1. Moitas grazas pola túa atención e, sobre todo, polas sempre interesantes e suxestivas aportacións.
      Mágoa dun máis axeitado pórtico para presentar o Pergamiño Vindel! Malia todo, e refírome aos complicados atrancos que tiveron os promotores para conseguir traelo a Galicia, amósase coa máxima dignidade, agarimo e respecto. Mágoa de que non poida quedar aquí para sempre!
      Bailava corpo velido, /que nunca ouver’ amigo:/ Amor ei! // Bailava corpo delgado,/ que nunca ouver’ amado: Amor ei!
      Abondan os Abundios e as Abundias, Outra mágoa!
      E nós ao noso, coas teimas sobre Hamlet, Ofelia, e por aí: “E banhar-nos-emos nas ondas!,/ e veremo’ lo minha amiga / nas nosas ondas da ría.
      A SEMANA ÍA NA MESA
      Saúde e Ondas do mar levado, se vistes meu amado?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *