A realidade da vida como metáfora

461Fidel Vidal. Que é a realidade da vida? De que realidade estamos a falar? De que vida? Da vida como un conto sen sentido? A vida é un conto contado por un idiota, cheo de ruí-do e de furia e que non significa nada, que diría Faulkner. En versión Fernando Trueba: “A vida é unha película mal montada”.

O mesmo Trueba apunta que Shakespeare escribía para dar traballo a unha troupe de actores: “A xente queda mirándoo chea de asombro, case como se mirase un fenómeno natural espectacular”. Un fenómeno natural menos natural se é espectacular. Nun ton de crítica e rexeitamento chega dicir: “Entendo que alguén o admire e o poida chamar arte supremo, pero a min non me gusta”.

Wittgenstein confioulle a Norman Malcolm a confesión de que o movemento lento do terceiro movemento de Brahms levárao por dúas veces ao borde do suicidio. Para el a música supón unha compañía máis digna de confianza, máis intima incluso que a mellor literatura. “A razón pola que non podo entender a Shakespeare é porque quero encontrar simetría en toda esta asimetría” (Wittgenstein). Como pode ser –pregúntase Lacan (As psicoses)- que a linguaxe teña a súa máxima eficacia cando logra dicir algo dicindo outra cousa?

Mira Nedyalkova desnudos manosA contribución de Wittgenstein “contra Shakespeare” (Steiner, Paixón intacta) é, segundo o noso criterio, un “a favor”, e sobre todo tratándose do autor do Tractatus, onde a palabra, se non por enriba, está nunha onda distinta da realidade: é fundamentalmente irreal ou, por dicilo con certa énfase, é outra realidade.

A realidade do verbo capaz de facer humano ao home. O verbo, a fala, a lingua, a linguaxe, son como un soño, unha fantasía biolóxica feita realidade no home, a mesma esencia humana. Se estamos feitos do mesmo material que os soños, como di Shakespeare, e os soños son metáforas do desexo, a nosa realidade substancial humana será metafórica.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a A realidade da vida como metáfora

  1. Magdalena di:

    ¿ Qué es la vida? un frenesí. ¿ Qué es la vida ? Una ilusión, una sombra, una ficción…
    Nos lo dijo don Pedro, por medio de Segismundo. Fernando Trueba define muy bien la vida porque el cine y la arcilla, están esperando a que les demos forma, “A vida é unha película mal montada” y está mal montada porque nosotros nos marcamos unos objetivos, y eso no es lo más importante, lo importante, es la manera de seguir esos objetivos para lograrlos, y cuanto menos se lleve a cabo, más corta nos parecerá.
    La vida querido Fidel, es un tango, y la muerte, un paso-doble… A la eternidad.
    Vivamos, leamos y amemos.
    LA TELE LETAL.
    Besiños moi cariñosos, benquerido Fidel.

    • Fidel Vidal di:

      Vivamos, bebamos, comamos, leamos e amemos.
      Estou contigo miña benquerida e atenta Magdalena.
      A MERCEDES ESE DE CREMA.
      Saúde e morodos con nata de sobremesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>