O número pipí

PIX. Ricardo Losada. Nunca che fun moi partidario de efemérides. Entendo a súa función, pero creo que mostrarnos solidarios, pacíficos ou ecoloxistas un día concreto é demasiado fácil, e a moitos chégalles para xustificarse ante os demais. Pero sendo iso certo, tamén o é que hai efemérides que me gustan. Unha delas, o día do número pi, que se celebra o 14 de marzo (3/14 en anotación anglosaxona), un número que non me estraña que fascine os seres humanos desde a Antigüidade pois indica que a razón entre a lonxitude dun círculo, sexa xigantesco ou anano, e o seu diámetro, é sempre a mesma: 3´14.

Pero a verdadeira razón de que me guste o número pi non é matemática, senón autobiográfica. Quen me coñece sabe do meu amor polas matemáticas e da disposición do meu ánimo ao xogo con números e entidades abstractas. Pois ben. De pequeno, e por razóns que non creo necesario explicar, cada vez que o meu profesor falaba do número pi, eu pensaba no número pipí, e así llo facía saber polo baixo aos meus amigos, ata que, en 8º de EXB, a un deles se lle ocorreu dicir que ese era o tamaño do meu pipí: 3´14…centímetros.

descargaNon me quedou outra, xa que logo, que cambiarlle de nome, e tiven poucas dúbidas de que o máis apropiado era chamarlle número pirola, aínda que tamén pensei en número pito e número picha. Pirola seguía tendo a sílaba pi ao principio, e soaba de tal forma que obrigaría os meus amigos a cambiar as dimensións do meu membro viril: 3´14…metros. Un nome moi apropiado, como vedes, pero algo no máis profundo da miña mente me esixía, sen saber eu a razón, que lle chamase número carallo. Ao principio resistinme (non lle vía relación ningunha con pi), pero axiña cambiei de opinión. Se no colexio o número pi era 3´14, os profesores do instituto eran máis precisos: 3´1415. E 14 e 15 sumaban 29, o número que daba nome ao carallo máis famoso (Vai ao carallo 29 era unha expresión moi de moda) daquela época. Sei que á maioría da xente lle parecerá máis acaído número pipí ou número pirola que número carallo, e eu estou tan de acordo que celebro o meu día de pi (3 carallo 29) o 29 de marzo.

6 comentarios en “O número pipí

  1. Eu non sei se as matemáticas son tan exactas como se di. Pode ser exacto dicir que todas as horas duran 60 minutos pero iso implica que todas as horas duran o mesmo, e iso, como sabemos, xa non é nada exacto. De feito, é erróneo. Comprobámolo acotío. O mesmo pasa co pene. Non mide o mesmo se lle chamamos pipí que se lle chamamos pirola, aínda que a cinta métrica nos contradiga.
    Por certo, encantoume ese termo: perendengue, e creo que pode dar para outro textiño. Levo toda a mañá pensando se denota un tamaño maior ou menor que pipí, pito, pirola e carallo. Pensei que xa tiña o tema resolto e agora… difícil mo pós.
    Sen esa cursilería que mencionas, o meu artigo non sería (se o é), simpático.
    Un saúdo agradecido

  2. Nunca creí que la fórmula Pi 3´14…diera para tanto. Incluso “proliferarse” en palabras “malsonantes”. De verdad que cuando vi que todo se desarrollaba en torno a dicho número, creí que el resultado sería más exacto, ya que se trataba de un lenguaje matemático. Digo esto, porque en mi juventud, hacer unos comentarios como los que habéis lanzado, vosotros por aquí… era un tema tabú. Si os contara como ha sido mi educación respecto a la fórmula pí de antaño, no me creeríais. Y aunque resulte una ñoñería, cursilería por mi parte…nunca he mencionado tales frases. Y para terminar, voy a contaros mi secreto: Yo, le llamo “perendengue”; me suena mejor. Buen descanso a todos.

  3. Prezadas Carmen e Magdalena:
    Xa teño dito nun texto anterior que o universo xurdiu porque os átomos querían botar unhas risas cos amigos e comezaron a unirse en moléculas… Gústame pensar que nós tamén temos un pequeno universo cuxa característica principal non é ser infinito, en expansión ou dominado pola enerxía escura, senón risoño. Xa é moito coa que está caendo…
    Respecto ao tamaño do meu membro viril, só direi, querida Carmen, que te quedaches coa medida infantil, non coa adolescente (3´14 metros). Non sei se Freud tería aí material de estudo…
    O carallo 29 é unha expresión moi querida por min. Recórdame unha persoa que aprezo moito (xa morreu, en tráxicas circunstancias). Por certo, na imaxe que seleccionou Antón aparece pi como 3´1416. É unha convención que se utiliza, pero realmente o número pi é 3´141592… Téñolle tanto respecto ao carallo 29 que non sería quen de facer semellante trampa.
    Proporciones correctas, di Magdalena citando a Tomé de Aquino. No caso que nos ocupa as proporcións correctas pareceríanse máis a 3´14 cms que a 3´14 metros. As zonas sensibles da muller están á entrada non no fondo do túnel.(Agardo que esta comparación sexa políticamente correcta).
    …pero meaba. O noso universo risoño tamén se expande.
    Unha aperta moi forte e agradecida

  4. “Los sentidos se deleitan con las cosas que tienen proporciones correctas.” Santo Tomás de Aquino (1225- 1274)

    Si el filósofo italiano es tan contundente en su razonamiento, creámoslo. Por tanto, ya que la longitud de un circulo y su diámetro son las mismas, deleitémonos por su correcta proporción.
    Y yendo a la razón autobiográfica, con la cual me has hecho pasar un rato de hilaridad muy requetebueno, en donde argumentas tu escasa indecisión al rebautizar al pi con otro pí acentuado y otros epítetos diferentes pero de mismo significado, quiero dejar constancia de que estoy en perfecto acuerdo contigo de que, el día 29 de marzo, me parece una fecha de envergadura, muy pertinente para dicha celebración. No obstante, lo mejor del pi y pí acentuado, es no tener ninguna clase de dolencia como el que a continuación cito:
    Sin estudiar medicina,
    se sabe con evidencia,
    que la retención de orina
    es una fuerte dolencia.
    Era uno que se quejaba
    de esta grave enfermedad,
    y su mujer le exhortaba
    a tener conformidad.
    “Acuérdate-le decía-
    lo que el santo Job pasaba
    y cuánto el pobre sufría.”
    Y el marido respondía:
    “De acuerdo. ¡Pero meaba!”

    Un abrazo muy fuerte y que sigas haciéndome reír por muchos años, profesor.

  5. Querido profe:
    No puedes figurarte lo que me estoy riendo con tu artículo y el tamaño de tu pito. Espero que con el tiempo haya crecido. Acabo de comprobar la medida en la cinta métrica y me parece muy escaso de tamaño.
    De todas las expresiones me quedo con “o carallo 29”: en cierta ocasión al entregar las notas a un alumno, al tiempo que se dirigía al pupitre exclamó por lo bajo: “O carallo…!” Me hizo tanta gracia la salida que lo llamé. Al preguntarle por qué había utilizado aquella expresión me respondió, un poco cohibido, que era la expresión que usaba su padre cuando algo le salía bien. “Pues, ¡mira tú!, mi hijo pequeño usa la misma expresión cuando adelantamos un coche en carretera”, dije. Algo singular en mi caso -añado- puesto que siempre adolecí de prudencia en la carretera, cosa que desesperaba a mis hijos que, en cuanto logró sacar el carné el primero -apenas cumplidos los 18- se puso al volante en los viajes por carretera por considerarme un serio peligro para los demás conductores.
    Menos ml que hoy no tengo la olla al fuego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>