Galicia e os galegos na poesía castelá LXXXVI. Miguel de Barrios

MIGUELBARRIOSRomán Arén. Non é moi ampla a nómina de escritores españois xudeus entre a expulsión de 1492 e o século XIX. Os que se poden citar son conversos como Fernando de Rojas ou Tareixa de Xesús. Xa no século XX aparecen algúns nomes, produto de orixe estranxeira que asumiron a condición de españois: Máximo J. Kahn ou Max Aub. Outros, como Bleiberg, eran de liñaxe xudía, aínda que naceran en España, como tamén é o caso de Cansinos-Assens. Un caso diferente foi no século XVII, o de Miguel Barrios, que tivo que refuxiarse en Amsterdam e que tiña por nome verdadeiro o de David Levi. Foi bo poeta e está de novo nalgunhas antoloxías. En 1672 publicou en Bruxelas o libro Coro de las Musas, que contén a “Descripción del Reino de Galicia”:

De sus ásperas cumbres se desata / el áureo Miño, proceloso y cano, /con los soberbios ríos que en sí ata / para dar su tributo al Oceano; / del bermellón de que su undosa plata / abunda, adquiere nombre soberano; / siguen Eume, Ulla, Támara, Mandeo / y Lima, que se pasa al Uliseo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *