Alarmas e alarmantes

Matalobos
Matalobos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Debería estar prohibido alarmar con fins comer-ciais. Pareceralles pouco bombardearnos cada mañá coa caída do euro, coa prima de risco, a suspensión das pensións, os recortes sanitarios, o mal estado do ensi-no, co insalubres que son todos os produ-tos do súper ou coa nova atrocidade de Trump animando a unha guerra mundial da que os miñaxoias europeos non se librarán, como para que nos veñan a redondear esa lista de atrocidades, barbaridades e intimidacións con alarmistas anuncios de alarmas.

Hoxe, cando a maioría dos fogares pasan varias horas ao día pechados por mor das necesidades propias dos seus moradores, xa sexa para ir ao traballo, ás compras ou simplemente dar un paseo de media tarde para baixar o nivel de colesterol, as radios interrompen a súa listaxe de apocalipses para emitir anuncios animándonos a poñer unha alarma na casa polo que poida pasar, e aínda a maiores adornan o anuncio cun pseudoparateatral diálogo no que se explica como lle desvalixaron o piso a un veciño na media hora que tardou en mercar o periódico, ou doutro que á volta dunha relaxante fin de semana ata se atopou sen garabatas para ir pór a denuncia.

descargaSerá por iso que eu mesmo, cada vez que saio da casa, trato de agochar a maleta por se hai algún vixiante de despistados na esquina da rúa. A veciña do segundo dime que ela deixa unha persiana a medio subir para dar a sensación de que hai xente dentro, o do terceiro argallou poñer unha lámpada dirixida á fiestra do salón e conectada a un temporizador para que se vexa unha luz activa pola noite, e o do cuarto dereita contounos en secreto, durante a reunión trimestral no portal, que el deixa a radio espertador programada para que se acenda durante as horas de maior actividade ladroíza; e todo por non pagar os cen ou cento e pico de euros que custa unha alarma. Un negocio que se reparten máis de 1.500 empresas, que facturan preto dos catro mil millóns de euros ao ano.

Será por ter escoitado eses anuncios alarmistas mentres me afeitaba, que esta mañá, cando tiña que saír a mercar o pan, preferín tomar o tostado que gardo para un apuro por non deixar a casa soa. Logo rexeitei unha invitación ao cine pola mesma razón, e pola noite coloquei un aparato de radio na porta, unha lámpada apuntando á mira, todos os pasadores corridos e unha cadeira de reforzo facendo cuña contra a asa da pechadura. Tan obsesionado estaba que ata me vin en soños con armadura e alabarda vixiando para que non me roubaran o cobre da instalación eléctrica.

Estou facendo cálculos e lembro cando aló polo final da década dos noventa empezaban a ser substituídos os policías e gardas civís das oficinas gobernamentais por seguridade privada, algo que se dicía que ía aforrar un montón de cartos ás arcas do Estado e crear non sei cantos postos de traballo, pero a verdade é que o que se aforrou por un lado gastouse polo outro e abriuse o apetito adquisitivo das empresas de seguridade, decididas a facer negocio á conta do medo co que nos bombardean.

Agora xa estou pensando en non ir de vacacións, como lle prometín aos cativos, e ata non sei se montar un solario no piso para non ter nin que baixar á praia cando chegue o verán. Vamos, que estou máis alarmado agora que teño diante dos ollos un catálogo de alarmas e outro de seguros contra roubos.

2 comentarios en “Alarmas e alarmantes

  1. Querida Mari Carmen:
    Te aseguro que nuestro vecino Francisco, no pierde su mesecito de vacaciones, ni a Fenosa le concede la gracia de un gasto superfluo dejando las bombillas encendidas, ni tampoco irá con lanza en astillero y adarga antigua, por miedo a un atraco. Pero…
    Hace unos días, me contó una vecina de nuestro pueblo que la semana pasada, dos chicas con una chapa en la solapa con el nombre de la mencionada red eléctrica, le pidió el último recibo de la luz, mientras la otra le rogó si le dejaba ir al baño que lo necesitaba urgentemente. Cuando se marcharon, y la mujer entró en las habitaciones, tenía los colchones en el suelo. “Menos mal ( me decía ) que el dinero anda siempre conmigo arrimadito al corazón”. La anciana mujer, me enseñó el sujetador. Yo siempre creí que nuestra vecina era una mujer de prominente delantera, y en lo que sí era sobresaliente, era de relleno, en efectivo peculio.
    Besiños palmeiráns a ambos, queridos vecinos.

  2. Querido Francisco:
    Te compadezco, muchacho: lo tuyo es un sinvivir. A mí me asaltaron, pero siempre en la calle. De esto hace mucho. Durante meses sufrí las secuelas del miedo, pero con el tiempo las aguas volvieron a su cauce y alguna enseñanza aprendí del episodio. (Hablo en singular porque sólo uno de los atracos me causó verdaderos problemas. En los demás acabé hasta charlando con los atracadores).
    Pues sí, en el atraco al que hago referencia, los asaltantes me dejaron la cuenta bancaria en números rojos (dinero que me reembolsó más tarde el Banco); se llevaron un cheque firmado “al portador” con el que iba a pagar la hipoteca del piso; dinero en efectivo; las llaves de casa, viéndome obligada a colocar otra cerradura pues -según el cerrajero- resultaba más eficaz que cambiando una de las que ya tenía la puerta; las llaves del coche… (No sigo con el inventario porque resultaría inacabable, ya que mi bolso -según la expresión que mi abuela aplicaba, aunque en otro contexto- “admite carga y pasajeros”).
    A causa del episodio que cuento (y algún otro debido a mis constantes despiste),
    hoy mi casa más parece un bunker que una vivienda, con tanta cerradura, gracias a lo cual un intento de apalancamiento se quedó es eso: un intento.
    El hecho de permanecer en casa los dueños no es obstáculo para que los ladrones entren a robar. A mi hija le ocurrió, pero sin graves consecuencias. Es una historia un tanto rocambolesca y si no la cuento es por no alargar más mi comentario.
    Mi consejo es que obvies los anuncios alarmistas las más de las veces con intereses crematísticos ocultos, como transmites en tu artículo. Ello no quiere decir que se lo pongamos fácil a los cacos. Pero de eso a vivir en constante sobresalto…
    Últimamente son tantas y tan variadas mis ocupaciones que apenas puedo sacar tiempo para asomarme a vuestros estupendos artículos. Y cuando lo hago, no logro pasar del primero (o del último, según se mire), que hoy es el tuyo.
    Un abrazo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *