As e Os=?

evita-el-machismo-infantilPatricia Torrado Queiruga. Nese mesmo momento acababa de decatarse de todas as cousas que no mundo nos diferencian. Dun xeito tan sinxelo como saír dun concerto fermoso, no que a vocalista se dirixiu ao público soamente de xeito feminino. Á saída, el dixéralle que o concerto fora impresionante, pero que lle molestara un pouco que só se referise ás mulleres. E dende aquela segue a darlle voltas todos os días a esta educación patriarcal na que se ve inmersa. Ela tivese calado, estaba acostumada a que os mestres e mestras os tratasen de alumnos, en xenérico. Sacándolle importancia, entidade. Sen rebelarse, porque nos ensinan a ser submisas, a que «sexan cousas de nenos» que un rapaz na primaria lle levante as saias a unha rapaza; a que un mozo lle toque o cu ou os peitos a unha moza no instituto, «simple rozamento», «será que lle gustas», iso é de machotes; pero se elas fan o mesmo, na contra, son unhas lixeiras, non se fan respectar. Porque os homes poden vivir a súa sexualidade como lles pete, e elas deben pensar, antes de sentir, que van ser xulgadas polas miradas deles e delas.

Porque nós, como sexo feminino, temos que aturar que un descoñecido, na rúa ou nunha estada nos cuspa «piropos» que nós non pedimos nin permitimos. Que non poidamos vestirnos do xeito que queiramos, porque se ben a sociedade nos ensina a exhibirnos, a poñernos «divinas» logo, tamén nos fiscaliza por facelo.

Ou porque igual temos que vernos sometidas aos rangos, no traballo, nos estudos, en canto aos nosos intereses, a nivel cultural… pero sempre nun papel moi inferior. Acostúmannos a non rebelarnos, a solucionar cun sorriso incluso as cousas que nos desagradan; ensínannos a evitar conflitos aínda que non sexamos nós quen os provoquemos, e mesmo a sentirnos culpables polos erros dos demais: «Pechaches ben as pernas?», «resistícheste?»

 

3 comentarios en “As e Os=?

  1. Vengo poco al ordenador, a no ser a última hora de la noche. Cuando lo hago durante el día suele ser de pasada. Y todavía más ahora que el calor no nos da respiro.
    Yo también trabajé algo más de dos años -después de mi jubilación- en una zona marginal, dando clases de apoyo a niños con problemas en el aprendizaje, en algunos casos hijos de alcohólicos y drogadictos por ambas partes. Y tienes razón: muchas veces te llevas grandes sorpresas, si comparas a estos niños con otros niños de familias “estructuradas”. (El caso de la madre de tu comentario es un buen ejemplo).
    Pero no cabe duda de que el ambiente en el que se desenvuelve, incide de una u otra forma en el comportamiento de un chaval.
    Tengo que dejarlo aquí, porque se me presenta un fin de semana de lo más movido.
    Un abrazo.

  2. Querida Carmen: grazas pola túa lectura e as túas achegas, un dato persoal; na miña familia “estructurada” ela, o meu pai sempre me dixo que eu nunca lograría nada, e meu irmán polo feito de ser neno tiña o ceo gañado e o futuro aberto en canal para el. Sorte que me criei máis cos meus avós, que si me ensinaron o valor da igualdade, que me compraban por Reis camións e bonecas por igual, sen preguntar, sen distincións.
    Durante anos estiven traballando con rapaces e rapazas de familias “desestructuradas” e curiosamente elxs eran xs que máis claramente integraban as mesmas responsabilidades entre nenos e nenas, co cal coido que iso vai no que xs ensinemos, porque aínda quedan moitos prexuizos por derrubar.
    E remato con outra anécdota: o meu fillo, de 4 anos, foi reprendido por unha muller con familia “estructurada” por estar xogando cunha boneca, segundo ela “iso non é de homiños” tiven que sacar o xenio e lembrarlle que a educación del era cousa miña, e non dela.
    Con isto, lembrar que a educación é algo que nos compete a todos, dende a responsabilidade, o respecto e a igualdade de oportunidades sen que importe a nosa vestimenta ou o noso sexo. E queda moito por labrar, como se veu demostrando nos últimos meses.
    Apertas inmensas, Carmen.

  3. Querida Patricia:
    Al tiempo que iba leyendo tu artículo -de un realismo apabullante, a juzgar por lo que los medios de información nos transmiten y a pesar de los avances sociales en otros aspectos- daba gracias al cielo porque nunca me sentí anulada (si lo prefieres, ninguneada) por el mal llamado “sexo fuerte”. Y si alguna vez ocurrió, debió de pasarme desapercibido o pude dar la respuesta adecuada.
    Es cierto que a lo largo de la historia, la mujer -salvo raras excepciones- se condujo siguiendo aquella máxima de “la mujer en casa y con la pata quebrada”. Pero también es inconcebible que la educación no haya logrado erradicar, o por lo menos poner freno, a una sociedad machista que parece ir de mal en peor. ¿Qué es lo qué falla…? Claro que la educación no es sólo asunto de los centros de enseñanza sino que debe comenzar en la propia familia. Lo malo es que poco se puede esperar cuando se trata de familias desestructuradas que, por desgracia, no son infrecuentes.
    En cuanto a mis hijos, traté de educarlos en igualdad -al menos en lo que se refiere a obligaciones y respeto- sin que el sexo ocupase un lugar preponderante. Creo que he logrado lo que perseguía.
    Con todo, estoy de acuerdo contigo en respirar hondo cuando por la noche, o en lugar solitario, observas que la persona que viene detrás es una mujer. Pero… “fíate e non corras”.
    Un abrazo y felices sueños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>