Amargos souvenirs

IMG_8388Xerardo AgraFoxo. En cada cidade podemos mercar produtos relacionados coa súa comarca. Como o país ten una longa tradición vitivinícola nas tendas exhiben tintos de Melnik ou caldos do Val das Rosas.  Tamén son reclamados polos viaxei-ros tecidos, cerámicas e bordados, tallas de madeira ou traballos de metal. Un produto moi demandado é o aceite que se extrae dos derivados da rosa damascena, así como perfumes e cremas de beleza. Nas tendas de regalos nunca faltan as iconas ortodoxas, os kilims realizados a man polas mulleres da aldeas ou as pezas de artesanía confeccionadas nos mosteiros espallados polas fragas deste frondoso territorio.

Cada produto hai que conseguilo na rexión axeitada, pero o que se pode mercar en calquera “mercadillo” son as antigüidades vinculadas co anterior réxime: boinas, fibelas, a foz e o martelo, prendas militares ou imaxes dos seus ditadores. O espectáculo causa estrañeza. Como dixo Anne Applebaum, autora de GULAG, a ninguén se lle ocorre mercar durante unha visita a Auschwitz un pixama a raias ou unha estrela amarela, pero moitos turistas non dubidan en facerse cos estes souvenirs, símbolos doutros noxentos represores.

Un comentario en “Amargos souvenirs

  1. Con la de recuerdos bonitos que hay en cada ciudad.!!! Ni loca me traigo un “souvenirs” de esos.!!! Ya lo dejó claro Anne, la autora de GULAG. A nadie se le ocurre algo así. Eu só mercaría, o colar que está enriba da mesa. Lo siento pero como mi gallego no es de fiar, procuro no extenderme demasiado. Buen comienzo de semana a todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *