Filoloxía e etnografía

68fa1de09dab4d9c56f224b236827a16Pastor Rodríguez. Milagros Torrado naceu en Cespón, Boiro, en 1983 e xa dende nena se interesou pola creación literaria. Licenciada en Filoloxía Inglesa no 2006 pola Universidade de Compostela, doutora da súa especialidade e profesora da Universidade Internacional de La Rioja, é secretaria da A. C. Barbantia, colaborou en Leñaverde, Folía, o Anuario Brigantino e no da asociación da que é membro. Os seus estudos, xeralmente, unen a filoloxía e a etnografía, ás veces comparando tradicións británicas coas galegas. No ano 2010 sacou do prelo o volume O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galicia, partindo dos seus estudos de doutoramento.

Xa no ano 2017 edita Da Moura á Sheela-Na-Gig: reflexións sobre significado, orixe e evolución, outro chanzo da cultura popular. Entremedias, foron aparecendo outros estudos, e así no Anuario Brigantino publicou El altar rupestre de A pedra pía(2011), en colaboración con Aurora Lestón Mayo e El rito propiciatorio de la fecundidad humana en el entorno del antiguo alcornocal de San Ramón de Bealo (Boiro, A Coruña) y otros testimonios de dentrolatría (2016), en coautoría con F. Alonso Romero, con quen tamén publicou Orión en un petroglifo de Folgoso. Significado simbólico y práctico de los astros (2014).

Aínda se poden citar outros ensaios editados en volumes colectivos, como o titulado Historias recollidas nalgúns cruceiros de Boiro (A Coruña), de 2010.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *