Pedro Garfias

image006-1Fidel Vidal. En 1967 morría en Monterrey (México) o poeta español Pedro Garfias. “Os seus restos están enterrados nesa capital baixo unha lápida que, ademais do seu nome e as datas de nacemento e morte, reproduce os dous primeiros versos dun poema escrito nunha `servilleta de bar’, encontrada no seu cuarto: La soledad que uno busca/ no se llama soledad;/ soledad es el vacío/ que a uno le hacen los demás. Fixen caso de Pedro Garfías, poeta que navegou polo ultraísmo, ao ler o seu nome da man de Auxilio Lacouture na novela Os detectives salvaxes de Roberto Bolaño (Anagrama, 1998): “Eu cheguei a México cando aínda estaba vivo León Felipe, que coloso, que forza da natureza (…), cando aínda vivía Pedro Garfias, que gran home, que melancólico era, e don Pedro morreu en 1967” (Facultade de Filosofía e Letras, UNAM, México DF, decembro de 1976). Auxilio Lacouture é o alter ego de Alcira Soust Scaffo, mestra uruguaia que, naqueles anos, recitou poemas de León Felipe por altofalantes e pola radio.

“Eu son a única que aguantou na universidade en 1968, cando entraron os granadeiros e o exército. Eu quedei soa na facultade, encerrada nun baño, sen comer durante máis de dez días, durante máis de quince días, xa non recordo. Eu quedei cun libro de Pedro Garfias e o meu bolso, vestida cunha blusiña branca e unha faldra plisada celeste e tiven tempo de sobras para pensar e pensar” (…) “Deixeime caer no chan, de costas apoiada contra a parede, e abrín outra vez o libro de Pedro Garfias. Os meus ollos pecháronse. Debín de quedar durmida. Despois sentín pasos e oculteime no wáter (ese wáter é o cubículo que nunca tiven, ese wáter foi a miña trincheira e o meu palacio do Duino, a miña epifanía de México). Despois lin a Pedro Garfias”.

72927Compañeiro e amigo de Miguel Hernández, o seu libro Poesías de la guerra, publicado en Valencia en 1937, recibiu o Premio Nacional de Literatura dun xurado formado, entre outros, por Antonio Machado. “A súa obra Primavera en Eaton Hastings é talvez o mellor libro de poemas do exilio. Quen le a Pedro Garfias non o esquece” (Jesús Munárriz, 2017). Posiblemente Auxilio Lacouture lía poemas desta obra, que a salvaron de caer nas mas dos soldados naqueles tristes días da Universidade de México: y volveré a sentarme sobre esta misma piedra/ y como el agua inmóvil seguiré hablando solo,/ conmigo y con el cielo… (…) Hombres de España muerta, hombres muertos de España,/ ¡venid a hacerles coros a estos pájaros!

O título do seu último libro, Río de aguas amargas, publicado en Guadalajara en 1953, resume o seu paso pola vida. “Poeta cabal, dos grandes, é indivisible. Para falar del é necesario ler os seus textos. Pedro e a palabra, Pedro e o amor, Pedro e as perdas, Pedro e o alcohol son todo e unha mesma cousa: a súa poesía. Pedro viviu e morreu pobre. Deixounos a gran riqueza da súa obra” (María Eugenia Rangel Domene, Limiar a PEDRO GARFIAS Rebeldía Creativa, Ensaio poético, Luis E. Todd, 2ª Edición ampliada e revisada, Universidade Autónoma de Nuevo León, Monterrey, N.L., México, 2009)

3 comentarios en “Pedro Garfias

  1. Triste, pero “otro más” de los muchos exiliados, que generalmente por motivos políticos, se veían obligados a abandonar la tierra que les vio nacer, incluidos los suyos. Y que muchos lo hacían por miedo a todo tipo de amenazas. Eran otros tiempos mi querido literato, y que debiéramos “correr un tupido velo”, aunque la historia nos lo recuerde con frecuencia. Todo esto daba pie a que muchos acabasen sumidos en la tristeza y viviendo pobremente. Pero era el sistema, y que no solo afectaba a unos, sino también a los otros. A mí me recuerda esto, en cierto modo, a las películas del oeste. El más fuerte era el que ganaba, pero los otros, si podían “cascaban” también, ya que estos tampoco eran mancos. Era algo así como la Ley del Talión: “ojo por ojo, diente por diente”. Y entre unos y otros, algunos sacaban más ojos, y otros más dientes, por poner un ejemplo muy personal. Pero que nadie era manco, como dije, en situaciones límites. Vivamos el “presente” haciéndolo mejor, que es donde vivimos todos. Y así tendremos un “futuro” mejor. Un fuerte abrazo Fidel.

  2. Bello y triste poema del poeta Pedro Garfias; escrito en una simple servilleta de papel. LA SOLEDAD QUE UNO BUSCA/NO SE LLAMA SOLEDAD;/SOLEDAD ES EL VACÍO/QUE A UNO LE HACEN LOS DEMÁS. Triste soledad esta última, pero hay otra mucho peor: LA SOLEDAD DE ESTAR ACOMPAÑADO, Y AÚN ASÍ, SENTIRTE PROFUNDAMENTE, TRISTEMENTE SOLO. Esta entiendo, que es la peor soledad; y que por conocerla de lleno, no se la deseo a nadie. Buen día a todos.

    1. Si, benquerida Naty, moi triste non só o poema senón a vida deste poeta do exilio, “un olvidado do 27″ como lle chama Munárriz. Outro máis. Unha mágoa que aquí, agás o monográfico de Litoral de 1982 e o ano pasado outro de Renacimiento, apenas se o celebramos. Un descoñecido para min até que topei con el na obra de Bolaño. Saúde, apertas e o meu agradecemento pola túa atención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>