A psicoloxía infantil e a nova educación, de Jean Piaget

piaget portada.inddFidel Vidal. Jean Piaget (1896-1980) prohibira que ninguén entrase no seu despacho, maiormente os encargados da limpeza, porque llo “ordenaban”, en especial os libros espallados pola mesa. Quer dicir, que o desordenaban segundo o seu criterio e forma de traballar. Debemos diferenciar a orde natural, aquela que vén dada polas necesidades do labor no que se anda (e pode ofrecer unha primeira imaxe de desorde), da orde artificial, establecida por razóns dunha certa colocación depen-dendo do alfabeto, das materias ou mesmo das cores. Dicir o nome Piaget é mencionar un auténtico sabio, unha das máximas autoridades en psicoloxía infantil, particularmente no que se refire ao desenvolvemento da intelixencia e, como consecuencia, as súas aplicacións no campo da pedagoxía. Sempre a prol dos nenos.

De aí que celebremos a aparición deste libro en lingua galega (Jean Piaget, A psicoloxía infantil e a nova educación, Kalandraka, 2018), traducido por Henrique Harguindey, cun instrutivo Epílogo de Eduardo Martí, quen, coa claridade propia dun experto en educación e na figura de Piaget (“pensar é actuar”), nos introduce nese “diálogo indispensable” entre psicoloxía e pedagoxía. E insiste na vixente actualidade das ideas de quen dirixiu a Oficina Internacional de Educación en Xenebra. “Unha das razóns polas que Piaget aceptou este cargo foi, nas súas propias palabras, a vontade de mellorar os métodos de ensino para adaptalos mellor ao espírito dos nenos”.

Todos coñecemos as distintas fases do desenvolvemento da intelixencia infantil que estudou e analizou Piaget, desde a sensitivo-motriz até a hipotético-dedutiva e a importancia que cada unha delas ten cara á súa interacción co medio, e os intereses que van marcado. “Un rapaz tende a se achegar ao estado adulto non recibindo xa preparadiñas a razón e as regras da boa conduta, senón conquistándoas a través do seu esforzo e da súa experiencia persoais; en reciprocidade a sociedade agarda das novas xeracións algo mellor que unha imitación: un enriquecemento” (p.13)PiagetJean Non faltan as referencias aos precursores, como Sócrates e a maiéutica coa invitación á actividade do alumno, mesmo á reacción de Rabelais ou Montaigne contra a “educación verbalista e da disciplina inhumana do século XVI”. Ou Pestalozzi, discípulo de Rousseau, a quen corrixe nun punto capital: “a escola é unha verdadeira sociedade na que o sentido da responsabilidade e as normas de cooperación abondan para educar o rapaz, para evitar as coercións nocivas”. Falamos da “escola activa”. Despois están os nomes de Dewey, Claparède, Decroly ou Montessori, fundadores de escolas e técnicas educativas precisas.

Con só enunciar os títulos dalgúns dos capítulos dos que consta, sería suficiente para achegármonos a esta obra tan valiosa tanto para estudosos da psicoloxía como da educación: “Bases psicolóxicas dos novos métodos pedagóxicos”, xénese e principios educativos, e “O dereito á educación no mundo actual”, onde aclara: “A educación debe ser gratuíta” (p.83). “A educación debe ter como obxectivo o pleno esparexemento da personalidade humana e o reforzo do respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais” (p. 103) Ou, para rematar: “A educación debe favorecer a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos, así como o desenvolvemento das actividades das nacións para o mantemento da paz” (p.133). Moitas das claves para levar á práctica todas esas propostas que semellan utópicas (vivan as utopías!) están aí, nas achegas feitas por Jean Piaget.

3 comentarios en “A psicoloxía infantil e a nova educación, de Jean Piaget

  1. Si, miña atarefada Carmen, Piaget é un autor que paga a pena. Un libriño traducido ao español, “Seis estudios de psicología”, producto dunhas conferencias, resume de forma moi clara as investigacións de Piaget sobre o desenvolvemento da intelixencia infantil. Moi recomendable para os interesados no tema. Se acaso consúltao coas túas amigas especialistas.
    Co meu agradecemento recibe unha aperta e os meus desexos de que pases un bo verán… descansando!!! que seica necesitas e mereces.
    FIDEL

  2. Estimado Fidel:
    Aunque estos días ando más dispersa que los libros en la mesa de Piaget, al leer el título de tu artículo no he podido dejar de echarle un vistazo. Precisamente ayer, celebrando un cumpleaños familiar, se dieron cita dos psicólogas y logopedas en activo -una de ellas nieta mía- y también una letrada y psicóloga de prisiones jubilada. A los postres, en el jardín, surgió el tema de la educación -en clave de humor, pero no por ello menos didáctico- resultando una velada francamente interesante e instructiva.
    Gracias por la información sobre el libro de Jean Piaget. Si se basa en la mayéutica de Sócrates, seguro que a mi nieta le gusta. Más que enseñar, es de las que se empeña en buscar estrategias para que el niño llegue al conocimiento de las cosas por él mismo.
    Para mí el suyo es un trabajo duro y vocacional, puesto que su labor la realiza con niños que tienen serios problemas en el aprendizaje.
    También estoy en contra de esas escuelas de las que haces mención. Sigo las enseñanzas de Tagore: “Si cierras la puerta a todos los errores, dejarás afuera a la verdad”.
    Mañana mismo me hago con el libro de Piaget para regalarle a mi nieta. Los escritos en gallego tendré que agenciármelos cuando llegue a Galicia. De la lista que he ido elaborando sólo he logrado dos. Serán mi lectura veraniega que espero también me sirva de aprendizaje del gallego culto del que desconozco el significado de infinidad de vocablos, la ortografía y hasta la sintaxis.
    Gracias de nuevo por tus escritos con mis deseos de un estupendo verano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *